INFORMACIÓN CONCURSO DE TRASLADOS/OPE

  • GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA.
    • CONCURSO DE TRASLADOS: inicio dos prazos de cesamento o 11 de maio, o que significa que cesarán de oficio o día 13 de maio. A partir de aquí, a data de incorporación efectiva dependerá do prazo posesorio que lle corresponda, na mesma área 3 días hábiles, distinta área 15 días hábiles.
    • OPE: os prazos de toma de posesión iniciaranse o día 13 de maio, e disporán de un mes (non retribuido) para a incorporación á praza.
  • DUE
    • CONCURSO DE TRASLADOS: inicio dos prazos de cesamento o 10 de maio, o que significa que cesarán de oficio o día 12 de maio. A partir de aquí, a data de incorporación efectiva dependerá do prazo posesorio que lle corresponda, na mesma área 3 días hábiles, distinta área 15 días hábiles.
    • OPE: os prazos de toma de posesión iniciaranse o día 12 de maio, e disporán de un mes (non retribuido) para a incorporación á praza.
  • TCAE
    • CONCURSO DE TRASLADOS: inicio dos prazos de cesamento o 7 de maio, o que significa que cesarán de oficio o día 10 de maio. A partir de aquí, a data de incorporación efectiva dependerá do prazo posesorio que lle corresponda, na mesma área 3 días hábiles, distinta área 15 días hábiles. 
    • OPE: os prazos de toma de posesión iniciaranse o día 10 de maio, e disporán de un mes (non retribuido) para a incorporación á praza.
  • TER
    • CONCURSO DE TRASLADOS: inicio dos prazos de cesamento o 11 de maio, o que significa que cesarán de oficio o día 13 de maio. A partir de aquí, a data de incorporación efectiva dependerá do prazo posesorio que lle corresponda, na mesma área 3 días hábiles, distinta área 15 días hábiles.
    • OPE: os prazos de toma de posesión iniciaranse o día 13 de maio, e disporán de un mes (non retribuido) para a incorporación á praza.

Actos de elección de destino e tomas de posesión diversas categorías.

Últimas previsións remitidas polo Sergas.

1.- Acto elección destino.- categorías de auxiliar administrativo, T. E en radioterapia e T. E. en radiodiagnóstico: Xúntanse as prazas correspondentes a estas categorías. O citado acto de elección será o día 29 de abril. A resolución sairá mañá para o DOG.

2.- Tomas de posesión.- categorías grupo de Xestión da función administrativa, lavandero/a; pasador/a de ferro. Prevemos que a toma de posesión de concurso de traslados teña lugar o día 27 de abril e a de OPE o 29 de abril.

A resolución xa está mandada a DOG para a súa publicación o vindeiro día 26.

3.- Toma de posesión OPE e concurso de traslados.- categorías de T.C. auxiliares de enfermería e médicos de familia. A previsión que vos anticipamos é que teñan lugar o vindeiro 10 de maio.

Acto de elección OPE de DUE

Está publicada na páxina web do Sergas a Resolución do 11 de abril de 2011, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de enfermería (ATS/DUE) do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

  • O acto de elección de destinos celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, o día 16 de abril de 2011 coa seguinte distribución:

- Ás 10,00 horas: aspirantes da quenda de promoción interna e aqueles aspirantes cuxa puntuación sexa igual ou superior a 82,100 puntos.

- Ás 10,50 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 82,099 puntos e 79,375 puntos.

- Ás 11,40 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 79,374 puntos e 78,000 puntos.

- Ás 12,30 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 77,999 puntos e 76,700 puntos.

- Ás 13,30 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 76,699 puntos e 75,525 puntos.

- Ás 14,20 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 75,524 puntos e 74,150 puntos.

- Ás 16,00 horas: aspirantes cuxa puntuación estea comprendida entre 74,149 puntos e 73,125 puntos.

- Ás 16,50 horas: resto de aspirantes cuxa puntuación sexa inferior a 73,124 puntos.

  • O dito acto de elección someterase ás seguintes regras:

a) A solicitude que formulen será vinculante e irrenunciable.

b) Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou outro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, no prazo e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Pola capacidade do recinto e con motivo de facilitar a axilidade na elección, poderíase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no propio acto da elección.

Publicación prazos posesorios diversas categorías.

Hoxe publicouse en DOG Resolución do 4 de abril de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza  correspondente e se concreta o prazo de toma de posesión dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados.

  • Declarase finalizado o concurso-oposición convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, nas categorías de persoal de servizos xerais, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
  • O cómputo dos prazos dos cesamentos para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 12 de abril de 2011.
  • Para os/as aspirantes do proceso selectivo, o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 14 de abril de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.

INFORMACIÓN OPE/TRASLADOS

FISIOTERAPEUTAS:
  • Concurso de traslados: inicio dos prazos de ceses o 5 de abril de 2011.
  • OPE: inicio do prazo de toma de posesión o 7 de abril de 2011.

ACTOS DE TOMA DE POSESIÓN:

  • Este sábado 2 de abril de 2011 no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde en Santiago, serán os actos de elección das categorías de: PSX e Técnicos de sistemas e tecnoloxía da información.
    • 10,00 horas: aspirantes á categoría de PSX con puntuación maior ou igual a 52,500 puntos.
    • 11,10 horas: resto de aspirantes de PSX.
    • 12,30 horas: aspirantes a Técnico/a especialista de sistemas e de tecnoloxías da información e Técnico/a de xestión de sistemas e de tecnoloxías da información.

OUTRA INFORMACIÓN TRANSMITIDA EN MESA SECTORIAL DO 29/03/2011:

  • DUE: está previsto o acto de elección de destino na primeira quincena de abril.
  • Aux. Administrativos: serán os que vaian en último lugar.
  • Manteñen os prazos propostos anteriormente e con intención de que a 15 de maio estén rematodos todos os procesos.
  • En Semana Santa e na semana de eleccións sindicais (1-5 de maio) non teñen intención de poñer tomas de posesión.

ÚLTIMAS NOVAS OPE

Hoxe publicouse en DOG a Resolución do 14 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados.

  • enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecología (matrón/oa)
  • grupo administrativo da función administrativa
  • pinche
  • técnico/a especialista en hixiene bucodental
  • técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico
  • terapeuta ocupacional
  • telefonista.

CONCURSO DE TRASLADOS: O prazo de cesamento iniciará o 22 de marzo.

OPE: O prazo posesorio iniciará o 24 de marzo.

Está previsto que o vindeiro sábado 26 de marzo teñan lugar novos actos de elección de destino de OPE, segundo información remitida polo SERGAS, das seguintes categorías:

  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería
  • Médico/a de familia de A.P.
  • Pediatra de A.P.
  • Odontólogo/a de A.P.
  • Farmacéutico/a de A.P.

 

 

Desmentido de CIG sobre retraso OPE/traslados

NOTA DE PRENSA

Dende CIG-Saúde queremos denunciar o confusionismo que o Sergas está creando ao respecto da incorporación das persoas que aprobaron a oposición e que acadaron praza no concurso de traslados.

O Sergas plantexa que en determinadas categorías o atraso que se está producindo é debido ás ELECCIÓNS SINDICAIS que se van a celebrar no mes de maio.

CIG-Saúde DESMINTE de xeito categórico que as Eleccións Sindicais incidan de maneira algunha no proceso de incorporación das persoas que acadaron praza na oposición ou nos traslados.

Lembramoslle ao Sergas que xa daban datas de incorporación nos últimos meses do ano 2010, e que sucesivamente foron incrementando ditos prazos por motivos que non teñen nada que ver coas Eleccións Sindicais, máis ben terían que ver con movementos internos dos responsables que levaban a organización do proceso.

Dende CIG-Saúde facémoslle un chamamento ao Sergas para que non volva a vincular atrasos con Eleccións Sindicais, e aproveitamos para esixirlles unha pronta resolución dos procesos pendentes, que saquen as persoas que están esperando un destino da dúbida permanente á que están sometidos.

Tamén lle solicitamos a publicación OFICIAL dun calendario coas datas previstas de incorporación tanto de Oposición como de Traslados, datas que acalen os rumores permanentes que se xeneran.

 

 

 

Convocatoria acto elección de destino.

Hoxe publicouse en DOG a convocatoria para o acto de elección de destino das categorías de:

  • Grupo administrativo da función administrativa
  • Pinche
  • Técnica/o especialista en hixiene bucodental

O acto terá lugar o mércores 9 de marzo de 2011 ás 17,00 horas no Edificio do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro,s/n en Santiago de Compostela.

Máis artigos...
feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org