Baremación definitiva diversas categorías OPE

Publicada hoxe en DOG a Resolución do 24 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as:

  • albanel
  • carpinteiro/a
  • cociñeiro/a
  • fisioterapeuta
  • lavandeiro/a
  • pasador/a de ferro

Os/as aspirantes definitivamente seleccionados (Anexo II) deberán presentar a seguinte documentación no prazo de quince días hábiles:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, no seu caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da especialidade.

Os/as participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de persoas con discapacidade deberán presentar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa dos requisitos para acceder pola correspondente quenda.

Publicación baremación definitiva fase concurso OPE 2006 Psiquiatría

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 25 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal do proceso selectivo correspondente á convocatoria do ano 2006 para ingreso na especialidade de facultativo/a especialista de área de psiquiatría, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados.

Os aspirantes definitivamente seleccionados (Anexo II) deberán presentar nun prazo de quince días hábiles a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría, así como acreditación fidedigna do requisito común da nacionalidade, no caso de non ser a nacionalidade española.

b) Os participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de persoas con discapacidade deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa para acceder pola correspondente quenda.

Baremación Provisonal OPE Persoal de Enfermaría

Hoxe publicouse en DOG a Resolución pola que se publican as listaxes correspondente á baremación provisional da fase de concurso da OPE 2009 da categoría de Persoal de Enfermaría (ATS/DUE).

Apertura dun prazo de 10 días hábiles para presentar reclamación das mesmas.

Listaxes definitivas fase concurso diversas categorías

Publicación hoxe venres 12 de novembro da Resolución pola que se publican as puntuacións definitivas de baremación da fase de concurso da OPE 2009 de diversas categorías.
  • Publícase o anexo I coas puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso, das seguintes categorías:
    • Enfermeiro especialista en obstetricia e xinecoloxía
    • Logopeda
    • Técnico especialista en hixiene bucodental
    • Grupo administrativo da función administrativa
  • Decláranse aspirantes definitivamente seleccionados/as os/as indicados/as no anexo II, de conformidade coa totalidade das prazas ofertadas, en atención ás posibles quendas de acceso.
  • Só os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as deberán achegar inescusablemente a seguinte documentación, no prazo de quince días hábiles, por razóns de urxencia conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, pois do contrario quedarían excluídos do proceso selectivo:
a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera Servizo de Saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.
b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da especialidade.
  • Os/as participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de persoas con discapacidade deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa dos requisitos para acceder pola correspondente quenda.
  • Só para os efectos de elección de destinos, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

ÚLTIMAS PREVISIÓNS SERGAS

OPE:

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

12/15 de novembro: Persoal de Enfermaría (ATS/DUE).

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

11 de novembro:

-Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (matronas)

- Logopeda

-Perruqueiro/a

- T.E. anatomía patolóxica e citoloxía

Segunda quincena de novembro: Resto de categorías publicadas antes do 18 de outubro.

Finais de novembro:

- TCAE

-Categorías publicadas o 18 de outubro.

- FEA Psiquiatría (OPE 2006)

Primeira quincena de decembro: Persoal de enfermaría (ATS/DUE).

 TRASLADOS:

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

5 de novembro: todas as categorías excepto TCAE, Persoal de enfermaría, Médicos/as de Familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P.

Segunda quincena de novembro: TCAE e Persoal de enfermaría.

Finais de novembro: Médicos/as de familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P.

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Finais de novembro/principios de decembro: Todas as categorías publicadas o 5 de novembro.

Segunda quincena de decembro: TCAE, Persoal de Enfermaría, Médicos/as de Familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P.

ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN:

Todas as categorías iniciais poderían elixir destino na primeira quincena de decembro, incorporándose despois, desde a segunda quincena de decembro ou ben en xaneiro.

TCAE, Persoal de Enfermaría, Médicos/as de Familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P. poden elixir destino na primeira quincena de xaneiro e poderíanse incorporar a finais do mes de xaneiro de 2011

Previsións OPE/Traslados

OPE: 

  • TCAE: está enviado a DOG, publicación prevista o mércores 3.
  • DUE: prevese que se publique na semana do 8 ao 12.

Traslados:

  • TCAE e DUE: 2º quincena de novembro.
  • Resto categorías: falta por procesar, en breve se publicarán en DOG.

Últimas publicacións OPE

Hoxe venres 29 de outubro saiu publicado en DOG:

Baremación provisional OPE

Hoxe luns 18 de outubro sairon publicadas en DOG as puntuacións provisionas de OPE obtidas polos aspirantes das seguintes categorías:
  • cociñeiro/a,
  • grupo auxiliar da función administrativa,
  • persoal de servizos xerais,
  • técnico/a especialista de sistemas e t.i.,
  • técnico/a de xestión de sistemas e t.i.
  • técnico/a superior de sistemas e t.i.

Asimesmo ábrese o prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no

Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

 

Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

 

Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

 

 

 

 

Máis artigos...
feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org