EXAMES PENDENTES OPE 2009PREVISIÓNS DE DATAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA OPE DO ANO 2009 1.- Grupo Técnico e Grupo de Xestión da Función administrativa Día: 9 de marzo de 2010 Lugar: Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS). Santiago de Compostela. 2.- Grupo Auxiliar da Función administrativa e Persoal de Servizos Xerais Día: 13 de marzo de 2010 Lugar: Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra). 3.- Cociñeiro/a Días: 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo de 2010, en quendas de tres aspirantes cada día excepto os dous últimos días que será en quendas de dous aspirantes. Lugar: Hospital Materno-Infantil de A Coruña. Estas datas, así como os horarios concretos sairán publicados o vindeiro 24 de febreiro no Diario Oficial de Galicia. Información OPE
O Sergas confírmanos que a celebración dos segundos exercicios daquelas categorías que aínda non o teñen realizado (Grupo Técnico, Grupo de Xestión, Grupo Auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerias e cociñeiro) será previsiblemente na primeira quincena de marzo.
Publicación o 12 de febreiro das seguintes categorías: FEA de análises clínicas FEA de aparello dixestivo Especialista de área de farmacia hospitalaria FEA de medicina física e rehabilitación FEA de microbioloxía e parasitoloxía Odontólogo/a de atención primaria O venres día 19 de febreiro, está prevista a publicación das notas provisionais das seguintes categorías: FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo FEA de nefroloxía FEA de psiquiatría FEA de Xeriatría
OPE FEAS 2009. Previsión publicación listaxes provisionais da fase de concurso.O Sergas adiántanos as previsións de próximas publicacións relativas á OPE 2008: No DOG do 12 de febreiro:
No DOG del 19 de febrero:
Finais de marzo: Médico de familia Convocatoria OPE persoal funcionario da Lei 17/1989O pasado 31 de decembro saiu publicado en DOG o Decreto 444/2009, do 30 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2009 do persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro. PRAZAS CONVOCADAS: Corpo, escala, clase:
1. Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia. 1.1. Escala de saúde pública e administración sanitaria. 1.1.1. Clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública. Nº de postos de traballo: 10. 1.1.2. Clase de inspectores farmacéuticos. Nº de postos de traballo: 3. 1.1.3. Clase de inspectores médicos. Nº de postos de traballo: 10. 2. Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia. 2.1. Escala de saúde pública e administración sanitaria. 2.1.1. Clase de subinspectores sanitarios. Nº de postos de traballo: 3. TOTAL PRAZAS CONVOCADAS: 26. ERRO NA PLANTILLA DEFINITIVA DE RESPOSTAS DA CATEGORÍA DE MATRONA.O Sergas detectou un un erro na plantilla definitiva de respostas publicada na páxina web (www.sergas.es), correspondente á categoría de MATRON/A, e agora xa está publicada páxina web a plantilla correcta. O erro consiste en que nas preguntas 53 e 78 a resposta era a "D", e pasa a ser a "A" en ámbalas dúas preguntas. A pesares de dito erro, os exercicios foron correxidos de xeito correcto. É dicir, tívose en conta en ámbalas dúas preguntas como resposta correcta a "A", polo que as puntuacións dos correspondentes exercicios é correcta.
Información OPEO pasado 30 de decembro sairon publicados en DOG os seguintes anuncios: Notas provisionais da baremación da fase de concurso de facultativos, coa excepción das seguintes categorías: - Análises clínicas - Aparello dixestivo - Cirurxía xeral e aparello dixestivo - Farmacia hospitalaria - Medicina física e rehabilitadora - Médico de familia - Microbioloxía e parasitoloxía - Nefroloxía - Odontoloxía - Psiquiatría - Xeriatría. Apertura do prazo de reclamacións: remata o 23 de xaneiro de 2010 inclusive, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde. Notas provisionais dos exercicios da fase de oposición das categorías cuios exercicios foron realizados nos meses de outubro/novembro. Apertura do prazo de reclamacións: remata o 15 de xaneiro de 2010 (inclusive).Contra esta exposición os interesados poderán presentar ante o tribunal reclamación soamente contra erros aritméticos da puntuación obtida. O BNG demándalle ao governo do PP se vai a anular as preguntas impugnadas nas oposicións do SERGAS.Ana Luisa Bouza denuncia que nos últimos meses xa se teñen producido varias irregularidades nas probas de acceso á Xunta de Galiza. A portavoz de Sanidade do BNG, Ana Luisa Bouza, ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego na que lle demanda ao Goberno do PP se vai anular as preguntas impugnadas nas recentes oposicións ao SERGAS ou se vai poñer en marcha algunha outra medida para restaurar as garantías desta proba. A deputada do BNG lembra que nos últimos días téñense presentado denuncias públicas sobre o incumprimento das bases na oposición de celadores do SERGAS celebrada en Silleda o pasado 9 de novembro. En concreto, Ana Luisa Bouza salienta que se reclama a impugnación de 25 das 110 preguntas do exame, “xa que, entre as preguntas da parte específica -a eliminatoria- figuran algunhas sobre contidos correspondentes á parte común –non eliminatoria-”. A parlamentaria nacionalista advirte de que non é a primeira vez que se producen este tipo de irregularidades. “Nos últimos meses -denuncia- téñense producido irregularidades en probas de acceso ao emprego público que afectan a moitas galegas e galegos nun momento de especial dificultade de acceso ao emprego en xeral e fan dubidar do rigor e transparencia que deben garantir estas probas”. Ante esta situación, a deputada do BNG pregúntalle ao Goberno do PP se recoñece as incidencias denunciadas , e se, en consecuencia, ten previsto anular as preguntas impugnadas ou poñer en marcha algunha outra medida para restaurar as garantías desta proba. SEGUNDO EXAME GRUPO TÉCNICO E DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVADende RRHH do Sergas infórmannos de que o segundo exame das categorías do grupo técnico e do grupo de xestión da función administrativa quedará para despois do Nadal, sobre finais de xaneiro, primeiros de febreiro. |