Carta á Conselleira da Plataforma sindical

a/ Conselleira de Sanidade

San Lázaro

Santiago de Compostela

 

A Plataforma sindical composta polas Organizacións Sindicais: CCOO, CIG, CSIF, SAE e UGT, diríxense a vostede para solicitarlle unha reunión a maior brevidade posible, antes de que finalice o presente mes.

 

O motivo da reunión vén xerado pola incertidume que as organizacións sindicais que as/os traballadoras/es do Sergas temos sobre as pretensións da Consellería de Sanidade sobre os Acordos asinados e sobre a negociación da Carreira Ordinaria.

 

Todos estos temas xa foron plantexados reiteradamente en Mesa Sectorial, sen que a data de hoxe teñamos ningunha resposta satisfactoria, non apreciando ningún xesto por parte desa Administración de respetar a Mesa Sectorial como órgano de negociación e os acordos ne-la asinados.

 

Agardando a súa convocatoria na maior brevidade posible.

 

Atentamente a 19 de febreiro de 2010.

 

ÚLTIMAS NOVAS SOBRE A SUSPENSIÓN DOS ACORDOS

Hoxe estaba convocada a Mesa Sectorial para que a plataforma sindical dera resposta á proposta prantexada polo Sergas de adiar o pagamento do acordo retributivo correspondente aos anos 2010-2012 para os anos 2011-2013.

Proposta Sergas de aprazamento dos acordos.

Cadro de pagamentos de carreira extraordinaria.

Nesta reunión a Admón reitera que pola súa parte manteñen a proposta presentada na anterior reunión; e que a devandita proposta publicarana como Resolución da Admón sen a necesidade de que exista un acordo sindical, só queren oir os nosos posicionamentos e que asinemos unha acta de compromiso de seguir negociando na Mesa Sectorial.

Nas intervencións sindicais como plataforma  rexeitamos unanimemente a proposta, argumentando que é a decisión das/os traballadoras/es, os cales rexeitaron a proposta da Administración sometida nas Asambleas, tal e como xa se lles dixera na anterior reunión que se ía a facer.

Como CIG-SAÚDE rexeitamos de plano a proposta da Admón, solicitamos o cumprimento integro dos acordos, pero como é a nosa obriga, a pesares de non compartir a súa proposta, intentamos que a Admón asegure que a súa proposta a cumpran coas maiores garantías pero a realidade é que o texto presentado é papel mollado,  polo que fixemos as seguintes alegacións:          

  1.       O texto que eles presentan non ten ningunha garantía de cumprimento; a Lei de orzamentos segue a recoller no seu articulado a aplicación do EBEP “ Suspensión indefinida dos acordos”, se eles presentan un novo calendario deben modificar o artigo 25 da Lei de Orzamentos.
  2.       O texto que presentan debe de ter unha cláusula de garantías de que a Admón se compromete a respectar integramente o texto dos acordos asinados: aspectos retributivos e de condicións de traballo.
  3.       No referente á carreira ordinaria, o ámbito de aplicación debe recoller  a todo o persoal do SERGAS: sanitario e non sanitario e sen distinción do vínculo laboral.
  4.       Ademais disto lembrámoslle que é obriga da Admón garantir as  retribucións  do su persoal, se queren modificar o calendario de aplicación que o fagan unilateralmente, pero que non poden solicitar a nosa aprobación.
  5.       Recuperación económica das retribucións perdidas durante a suspensión dos acordos. A Directora de RRHH respondeu que se arrastra consolidación económica non pode facer fronte ás retribucións de carreira ordinaria.

Como resposta, a Admón convocará unha nova reunión na próxima semana para coñecer o noso posicionamento.

Calendario de mobilizacións acordado pola plataforma:

  • Solicitar unha reunión urxente coa Conselleira de Economía e Facenda, xa que segundo  a Directora de RRHH e decisión dela e do goberno que non haxa incrementos no 2010.
  • Convocatoria dunha concentración o dia 9 de decembro, ás 17,30 hs diante do Parlamento de Galiza.
  • Concentracións en todos os centros de traballo o dia 15 de decembro.
  • Reunión da plataforma o dia 16 de decembro para deseñar un calendario de mobilizacións sostido no tempo.

 Seguiremos informando.

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.org - secretarianacional@cig-saude.org