Curso online para celadores/as
A CIG-Saúde traslada o seu apoio á loita en defensa dos servizos públicos no hospital de Verín
Amosa o seu rexeitamento ás políticas sanitarias do PP “que vulneran os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres”
A federación de Saúde da CIG trasladou hoxe publicamente o seu apoio ás mulleres que están a defender os servizos públicos do hospital de Verín “para ter dereito a unha asistencia sanitaria pública de calidade e de proximidade”. Dende a central rexeitan o peche do servizo de maternidade hospitalaria e denuncian as políticas sanitarias do PP “que vulneran os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres”.
Na CIG-Saúde entenden que ningunha persoa pode ser penalizada no acceso á sanidade pública polo seu lugar de residencia, ao tempo que esixen que os orzamentos sanitarios vaian dirixidos a dar cobertura integral ao programa da muller. Neste senso, inciden en que a falta de profesionais non pode ser unha escusa para desmantelar a sanidade pública. “Se non hai profesionais é responsabilidade dos xestores sanitarios, nomeadamente do actual xerente da área sanitaria de Ourense, que durante a súa etapa de director xeral de Asistencia Sanitaria dedicouse a amortizar prazas de profesionais”.
Por todo isto, dende a CIG-Saúde fan un chamamento a todas as mulleres a participar nas mobilizacións convocadas para este mércores día 4 de decembro. “Os recortes sanitarios nas prestacións que afectan ás mulleres son unha agresión a todas, e todas debemos respostar contundentemente contra elas”.
Compostela, 4 de decembro de 2019.
Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria nacional de CIG-SAÚDE.
Cursos online mes de decembro
Novo curso online para celadores/as
O curso comeza o 16 de decembro de 2019 ata o 9 de xaneiro de 2020.
Inscríbete en https://costalugoformacion.es/gl/cursos-ciga/c-44
MATRONA, A CATEGORÍA OLVIDADA NA ATENCIÓN PRIMARIA
Esiximos a inmediata negociación do réxime xurídico e do sistema retributivo de Matronas de Atención Primaria.
No ano 1993 publicouse o Decreto, do 29 de xullo, de Ordenación da Atención primaria en Galiza, que regula as retribucións de todo o persoal de Atención Primaria, EXCEPTO as Matronas. Recolle na disposición transitoria cuarta que “O consello da Xunta de Galiza regulará o réxime xurídico e retributivo das prazas de enfermeira obstétrico-xinecolóxicas”.
26 ANOS DESPOIS a Consellaría de Sanidade non tivo tempo de presentar ningunha proposta de réxime xurídico e retributivo para este colectivo.
Por que será?
Será por que todo o relacionado coa saúde da muller ocupa un papel secundario?
QUE CONLEVA ESTA SITUACIÓN?
Un sistema retributivo baseado nun mapa sanitario do ano 1989 que non recolle a poboación actual dos concellos. |
Un sistema retributivo que condena ás matronas a perdas retributivas de mais de 100€ mensuais cando cambian de concello, aínda que teñan mais tarxetas sanitarias. |
Un sistema retributivo que non recoñece os conceptos que se pagan a outros colectivos: número de tarxetas sanitarias, dispersión, illamento... A prestación de servizo en diferentes concellos con importante distancia entre si. |
Un sistema retributivo inxusto, que non recoñece a carteira de servizo actual que realizan, é dicir as prestacións sanitarias que prestan. |
Unha disfuncionalidade entre a prestación de servizo e as retribucións, xa que a poboación dos concellos mudou moito dende o ano 1989, e que se agrava ao non ter desenvolvido o pago de TIS. |
Que non teñen un ratio de mulleres a atender por Matrona. |
Pero ADEMAIS
As necesidades de material das consultas de Matronas quedaron fóra do plano de dotación que se está a facer na Atención Primaria.
Algunhas das padiolas de exploracións son tan arcaicas que parecen de museo, e dificultan enormemente o traballo a realizar nas exploracións ás mulleres.
Lamentamos que dos 8 millóns de euros que a Consellaría de Sanidade di que está a destinar á dotación de material, ninguén se lembrase de recoller as peticións das matronas.
A CONSELLARÍA DE SANIDADE ten obriga de rematar con estes 26 anos de penalización.
NON OFENDE QUEN QUERE SENÓN QUEN PODE
O “GRUPO DE EXPERTOS EN ATENCIÓN PRIMARIA” define “as enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria” como “lastres”.
Desde CIG-SAÚDE queremos manifestar o noso rexeitamento ás conclusións do “GRUPO DE EXPERTOS EN ATENCIÓN PRIMARIA”, en particular no referente ao apartado nº 4-e sobre “as enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria” que son definidas no documento como “lastres”.
É impresentable que o SERGAS permita a utilización deste cualificativo para definir a un grupo de profesionais altamente cualificado e con unha traxectoria profesional impecable, que fai uso do marco legal para elixir o centro onde quere traballar.
Cando unha enfermeira se traslada do hospital a primaria achega a este nivel asistencial todo o coñecemento adquirido ao longo da súa vida profesional, e toda a súa formación nas distintas patoloxías ou enfermidades que teñen as persoas que ingresan nos hospitais, e non so desde o punto de vista asistencial, tamén desde a atención ás persoas en toda a súa dimensión persoal, emocional e familiar.
Un discurso hipócrita que so pretende buscar confrontación entre profesionais.
Como se pode dicir todo isto cando a responsabilidade é da Consellaría de Sanidade e do SERGAS? |
|
Documento de EXPERTOS |
CIG-SAÚDE |
Falta de Xestión e capacidade organizativa. |
Para que serve tanto cargo de libre designación? |
Indefinición da carteira de servizos de enfermaría. |
Levamos reclamando desde o ano 2009 a carteira de servizos de enfermaría, feita no ano 2008 durante o goberno bipartito. Asistencia Sanitaria sempre dixo NON Á CARTEIRA DE ENFERMARÍA. “Non era bo limitar as cousas” |
Potencial resolutivo superior ao expresado actualmente |
A opinión das profesionais non conta. O criterio utilizado nos últimos anos foi: deixar de facer para non gastar. |
Non están delimitadas as funcións. |
Non hai mapa de competencias. Na maioría dos centros de saúde non hai protocolos. O persoal que se incorpora de novo fai o que, por uso e costume, se fai nese centro. A innovación está penalizada. |
Carencia de Formación |
Os expertos cuestionan a formación continuada do SERGAS? |
Equipa multidisciplinar roto, non hai traballo coordinado, nin traballo en colaboración entre xs distintos profesionais. |
Son as enfermeiras que se trasladan do hospital as responsables de xestionar o traballo en equipo? |
No documento dos “Expertos” non se fala da responsabilidade da Administración no referente a: amortizar prazas, non cubrir as ausencias e dificultar a prestación de servizo. Para que? |
Que podemos agardar dunha administración tan irresponsable que pretende facer culpable da situación de atención primaria a un colectivo?
É verdade que o persoal que se traslada a primaria mellora a súa calidade de vida ao deixar de facer quendas de mañás, tardes e noites no hospital os 365 días do ano. Non é delito, é un dereito.
Máis artigos...
- CIG-Saúde esixe á Consellaría de Sanidade que aposte de verdade pola Atención Primaria
- CIG-Saúde denuncia a nula receptividade de Sanidade na cuestión asistencial e laboral de POVISA
- CIG-Saúde esixe a recuperación salarial e a clasificación profesional, para todas as categorías, segundo o artigo 76 do Estatuto Básico da/o Empregado Público.
- Reivindicacións de CIG-Saúde para os orzamentos 2020
- NON A COMPRA DE POVISA POR UNHA ASEGURADORA DOS ESTADOS UNIDOS
- A CIG-Saúde denuncia que as 407 prazas anunciadas polo SERGAS non son de nova creación