Convocatoria do concurso de traslados aberto e permanente de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de diversas categorías:

  • facultativo/a especialista de área,
  • médico/a de urxencias hospitalarias,
  • médico/a de admisión e documentación clínica,
  • médico/a asistencial do 061
  • técnico/a en farmacia.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto a partires de mañá día 11 de decembro de 2018.

Recordar que o prazo para participar no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 remata o 15 de xaneiro de 2019.

Previsións OPE e traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

-          Concurso de traslados aberto e permanente:

  • Na primeira quincena de decembro publicarase en DOG a apertura do prazo de inscrición para as categorías de FEAs, MUH, Médico/a de Admisión, Médico/a asistencial do 061 e Técnico/a de farmacia. Terán de prazo para inscribirse ata o 15 de xaneiro igual que o resto de categorías.
  • Aquelas persoas que participaron no concurso de traslados e non obtiveron praza, terán dispoñible no FIDES a inscrición editable a primeiros de decembro, para que poidan modificar a súa solicitude.

-          OPE 2015-2016 (FEAs, TSPRL, Traballador/a social...):

  • Acto de elección antes do 24 de decembro.
  • Toma de posesión despois do 15 de xaneiro de 2019

-          OPE 2016-2017 (Enfermaría, celador/a e Aux. Administrativo):

  • Primeira quincena de decembro de 2018
    • Listados definitivos de admitidos e excluídos e exentos da realización do exame de galego
    • Publicación dos membros do tribunal de celador/a

-          OPE 2017-2018: Tratarase na Comisión técnica de OPE o cronograma das convocatorias do 2019.

Publicación plantillas provisionais exames OPE 2016-2017

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Están publicadas na páxina web do SERGAS as plantillas provisionais dos exames celebrados o pasado fin de semana (24 e 25 de novembro de 2018).

Está aberto un prazo de 5 días hábiles ( do 27 de novembro ao 3 de decembro de 2018) para presentar as impugnacións ás preguntas do exame. Os/as aspirantes terán que presentar un escrito cos seus datos persoais e o motivo da reclamación, dirixido ao Tribunal do concurso oposición da categoría correspondente. Deberase xustificar a reclamación con bibliografía ou base normativa que o sustente, na medida do posible.

Enderezo ao que dirixir os escritos:

Tribunal do concurso oposición da categoría de...

Dirección Xeral de RRHH do Servizo Galego de Saúde

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela

 

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto