Éxito da manifestación convocada en Pontevedra contra a privatización da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

20100417ponteVIIMais de 10.000 persoas manifestáronse en Pontevedra contra a privatización da sanidade e pola defensa do proxecto de Montecelo

"Estamos afeitos a mollarnos. Mollámomos co Nunca Máis, polo galego e agora tócanos mollarnos contra á privatización da sanidade". Foron as primeiras palabras do médico pontevedrés Fernando Filgueira coas que comezou a lectura do manifesto reivindicativo que o venres 16 de abril puxo punto e final á manifestación convocada pola Plataforma contra á privatización e polo hospital único de Pontevedra. Unha cita masiva que non conseguiu deslucir a forte chuvieira que caeu no mesmo momento no que arrincaba a marcha na praza da Ferrería.

"As mobilizacións nos últimos anos conseguiron que a Xunta planificase a renovación integral e a ampliación de Montecelo, con financiamento totalmente público, grazas ao consenso de todas as administracións". E serán, adiantou Filgueira, as mobilizacións sociais as que lle obrigue a esquecer "proxectos privatizadores" e a retomar a aposta por Montecelo.

 

Demanda de consenso

"Consenso" foi unha das principais demandas dos manifestantes. Un consenso que, tal como indicaron distintos convocantes da marcha, "iniciouse na anterior etapa de goberno do Partido Po pular na Xunta, sendo conselleiro de Sanidade o actual xerente do CHOP, cando o mesmo PP que agora insiste en descartar a ampliación de Mo ntecelo, rexeitou teimudame nte construír un novo hospital nun emprazamento diferente a Montecelo".

Goberne quen goberne

Unha vez mais a cidadanía falou claro e alto «Goberne quen goberne a sanidade non se vende». A masiva resposta na manifestación demostra que o goberno do PP ten un problema serio coa súa arrogancia, e tentan volver aos tempos do "ordeno e mando" por parte da dereita.

Próxima mobilización este xoves

A próxima cita na rúa será o xoves 22 na manifestación que sairá as 20h do hospital Xeral de  Vigo e que rematará na Dirección Provincial do SERGAS na Av/  García Barbón.

 

 

 

 

21 de abil en Vigo, manifestación contra o peche do hospital da Cruz Vermella

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

MANIFESTACIÓN CIDADÁ

 

Mércores, 21 de abril de 2010,   ás 20:00 hs

Desde o cruce Vía Norte-Urzáiz, hasta a Xunta (Pza da Estrela)

 

NON AO PECHE DO HOSPITAL DA CRUZ VERMELLA

CONTRA A PERDA DE RECURSOS SOCIOSANITARIOS EN VIGO

 

NONAOPECHE

 

CONVOCA: Comité de Empresa do Hospital da Cruz Vermella

 

 COLABORA: Descarga, imprime e reparte no teu centro de traballo o cartel e o panfleto sobre esta mobilización

 

Ler máis

Milleiros de persoas maniféstanse en Ferrol contra a privatización da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Plataforma, da que forma parte a CIG, denuncia o "grave deterioro" ao que o goberno do PP está sometendo á sanidade e a falla de compromiso coa comarca.

Milleiros persoas secundaron a manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG, en contra da privatización da sanidade. A marcha, enmarcada no amplo calendario de mobilizacións que se están a desenvolver por todo o País contra a política privatizadora do goberno do PP, saíu ás doce do mediodía dende a Praza de España e rematou hora e media despois na Praza de Armas, onde se deu lectura ao manifesto da Plataforma.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, integrada por máis de 40 organizacións e colectivos, entre os que se atopa a CIG, acordou convocar a manifestación do domingo, 11 de abril, “diante do grave deterioro ao que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área que ten a Xunta de Galiza e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública”.

A manifestación, na que participaron perto de 10.000 persoas, é un contundente reflexo do descontento e o rexeitamento da cidadanía galega ás medidas privatizadoras que está a adoptar o goberno da Xunta, non só no eido da sanidade, senón en todos aqueles servizos que deberían estar reservados ao ámbito público.

Ler máis

Manifestación en defensa dos servizos públicos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1Este domingo, 25 de abril, ás doce horas desde alameda de Compostela haberá unha manifestación en defensa dos servizo públicos
 
Haberá servizo de autobuses desde as comarcas.
 
 
Manifesto en defensa dos servizos públicos 

As políticas económicas e sociais deseñadas e aplicadas polo sistema económico neoliberal, como é sabido, procuran a privatización e mercantilización de todo o que é  público e aproveitan a actual crise económica  para acelerar o desmantelamento ou privatizar, aínda máis, os servizos públicos. 

 

O goberno do Partido Popular está aplicando políticas o máis ultraliberais posíbeis, reducindo o gasto público na educación, na sanidade e nos servizos sociais, e desviando  cantidades inmensas  de diñeiro público para o negocio privado, mediante o incremento dos concertos ou a privatización de diferentes  servizos. 

 

Resulta  inaceptábel a  abusiva  privatización da xestión  de diferentes servizos que os concellos están levando a cabo. Son cada vez mais os servizos que se privatizan ou se xestionan a través de concesións, de cesións ilegais de traballadores ou a través de asistencias técnicas.   

 

A deriva neoliberal de adelgazamento da propia administración é constante e permanente. Así un ano máis, o goberno central do PSOE, mediante a Lei de orzamentos do estado, restrinxe a oferta pública de emprego en moitas áreas da administración e  impide, así, cubrir diferentes servizos mediante a xestión directa.  Isto implica reducir o emprego e empeorar servizos prestados, xa que ese traballo será realizado mediante empresas privadas subcontratadas ou asistencias técnicas que procurarán abaratar custes para obter o maior beneficio posíbel en detrimento do servizo e precarizando as condicións laborais. 

Ler máis

Novas manifestacións en defensa da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

PONTEVEDRA

 

Os sindicatos CSIF, CEMSATSE, CIG, OMEGA, SAE, UGT, CCOO e USO, integrantes da Xunta de Persoal da Área Norte de Pontevedra veñen de convocar unha Manifestación para o día 7 de abril de 2010, ás 20,30 horas con saída diante da Porta Principal do Hospital Provincial(rúa Loureiro Crespo),  pasando polas ruas Benito Corbal, Peregrina, Oliva , Rosalía de Castro, Gagos de Mendoza, Xeneral Rubín e rematando diante do Edificio da Xunta de Galicia en Campolongo, co  lema:

 

SANIDADE PÚBLICA 100%

EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO

 

FERROL

 

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG, diante do grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol que ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública, convoca para o vindeiro día 11 de abril unha Manifestación Comarcal; a cal agardamos que reflexe na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte do conxunto da cidadanía da comarca. A manifestación partirá ás 12 do mediodía do Ambulatorio Fontenla Maristany.

 

NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

A SAÚDE NON É UN NEGOCIO

 

Máis de 50.000 persoas enchen as rúas de Vigo co berro unánime de "non á privatización" e na defensa da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Grande expresión de rexeitamento á política privatizadora do goberno de Feijoo
Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centro da cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontade privatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta de Galiza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso de Vigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas e convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta mobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzas sindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumou apoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país: Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas que tamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega  
Ler máis

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto