OPE 2009: Apertura da fase de concurso

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

sorrindoPublicada no DOG de hoxe, 24 de febreiro de 2010, a resolución da Dirección de RR.HH. relativa á conclusión da fase de oposición e á apertura do prazo da fase de concurso.

 

Todos os aspirantes que superaran a fase de oposición deberán achegar obrigatoriamente fotocopia compusada do seu DNI e fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría así coma a documentación acreditativa dos méritos. Ademáis os que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar original ou certificación compulsada acreditativa.

 

Prazo de presentación: 15 días hábiles a contar dende o 25 de febreiro.

 

Descargar resolución

Web SERGAS

 

 

INFORMACIÓN URXENTE: SERVIZOS PRESTADOS. CONCURSO DE MÉRITOS. TRASLADOS.

 

O SERGAS  nos comunica  que todo o persoal debe solicitar o certificado de servizos prestados . A Administración  non a vai a incorporar de oficio a pesares de estar no FIDES.

Polo que hai que solicitar a certificación de servizos prestados e achegala co resto da documentación.



OPE 2009: Previsión de datas dos segundos exercicios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
  • Grupo Técnico e Grupo de Xestión da Función administrativa

Día: 9 de marzo de 2010

Lugar: Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS). Santiago de C.

 

  • Grupo Auxiliar da Función administrativa e Persoal de Servizos Xerais

Día: 13 de marzo de 2010

Lugar: Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).

 

  • Cociñeiro

Días: 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo de 2010, en quendas de tres aspirantes cada día excepto os dous últimos días que será en quendas de dos aspirantes.

Lugar: Hospital Materno-Infantil de A Coruña.

 

Estas datas, así como os horarios concretos serán publicados proximamente no Diario Oficial de Galicia.

 


 

 

 

Posición da CIG Saúde ao respecto do Plan Funcional do 061

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE NON ASINA O PLANO FUNCIONAL DO 061 E ESIXE AO SERGAS QUE RESPOSTE AS NOSAS RECLAMACIÓNS

 

O plano funcional debe ser entendido como unha ferramenta de xestión que poña en equilibrio os intereses da empresa e os dereitos laborais das traballadoras/es, nunca pode ser entendido como unha ferramenta onde a Dirección da empresa manteña arbitrariedades, facendo interpretacións da norma que non sabemos a quen benefician, pero que a longo prazo será prexudicial para todas/os.

 

E que di o SERGAS de todo isto. xornada, gardas..., onde está o control, a austeridade, non mais despilfarro..... Entende que esta é a boa xestión?.

 

 

Ler máis

Manifesto contra o peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
As Centrais Sindicais que compoñen o Comité de Empresa do Hospital da “Cruz Vermella” de Vigo, subscriben o seguinte manifesto:

Os intereses partidistas da ONG Cruz Vermella e do SERGAS, pecharán un Hospital de case 60 anos de historia e emblema na cidade de Vigo. Un Hospital que lle da unha cobertura social esencial á Comarca de Vigo para a atención a pacientes sen recursos e de longa estancia debido ás especiais circunstancias da súa enfermidade.
Do mesmo xeito, deixará na rúa á totalidade da plantilla, 70 traballadores/as moitos deles con máis de 30 anos de servizo no Hospital e cunhas idades de complexa reinserción laboral.

Polo que, solicitamos da cidadanía e das Administracións competentes que tomen as medidas oportunas para que non se leve a cabo dito atentado socio-laboral por parte da Cruz Vermella, co consentimento do SERGAS e por ende da Xunta de Galicia, contra a cidadanía de Vigo.

Durante o que queda de mes de febreiro haberá distintos actos en protesta por este peche. Estade atentos ás distintas convocatorias de mobilizacións e participade delas.
 
NONAOPECHE

OPE 2009: Publicadas as notas definitivas da fase de oposición

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG de hoxe a resolución da Dirección de RRHH pola que se publican as puntuacións definitivas da fase de oposición das categorías que foron obxecto de exame durante os meses de outubro e novembro de 2009.

Descargar resolución

Web SERGAS

OPE 2008 Facultativos: Publicada baremación provisional da fase de concurso de varias categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG. de hoxe, a resolución da Dirección de RR.HH. relativa á baremación provisional da fase de concurso para o ingreso en determinadas categorías de persoal estaturario do Sergas:

  • facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo
  • facultativo/a especialista de área nefroloxía
  • facultativo/a especialista de área de psiquiatría
  • facultativo/a especialista de área de xeriatría

Dita baremación estará nos taboleiros e na web do Sergas. Asimeso ábrese un prazo de 10 días hábiles para presentar, se é o caso, reclamación contra a puntuación outorgada.  Descargar Resolución

 

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto