Publicación notas OPE 2008/09

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Segundo nos achega o SERGAS, o vindeiro venres, día 19 de febreiro, están previstas as seguintes publicacións:

  •  Notas provisionais da fase de concurso de :
    • FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo
    • FEA de nefroloxía
    • FEA de Xeriatría
    • FEA de psiquiatría
  • Notas definitivas da fase de oposición de todas as categorías cuxos exercicios foron realizados nos meses de outubro e novembro de 2009
Ademáis, na vindeira semana esperan ter un adianto do calendario coas datas de realización dos exercicios daquelas categorías que teñen que realizar exame práctico.

E tamén está previsto que o mércores, día 24 de febreiro, sexa publicada no DOG a apertura do prazo (15 días hábiles) para a presentación dos méritos da fase de concurso das categorías cuxos exercicios foron realizados nos pasados meses de outubro e novembro(coa excepción das categorías nas que se debe realizar un exercicio práctico, é dicir, grupo técnico, grupo de xestión, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e cociñeiros).

Datas de celebración dos segundos exercicios da OPE 2009

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

ope-2009

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, estase a pechar cos tribunais de selección e cos recintos nos que se celebrarán exercicios pendentes da OPE 2009, as datas de celebración dos segundos exercicios daquelas categorías que aínda non o teñen realizado (Grupo Técnico, Grupo de Xestión, Grupo Auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerias e cociñeiro). Esperan ter pechada a data na semana do 15 ao 20 de febreiro

 

Non obstante confirman que todos os exercicios serán realizados aproximadamente na primeira quincena do vindeiro mes de marzo.

OPE 2008: Publicadas as listaxes provisionais da fase de concurso de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicadas hoxe as listaxes provisionais de baremación da fase de concurso das seguintes categorías:

  • facultativo/a especialista de área de análises clínicas
  • facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo
  • facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria
  • facultativo/a especialista de área de medicina física e rehabilitación
  • facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía
  • odontólogo/a de atención primaria

Ábrese un prazo de dez días hábiles para reclamar contra a puntuación otorgada.

Ir á web do SERGAS

Creada a categoría estatutaria de Técnico en Farmacia

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG de hoxe o Decreto 9/2010, do 21 de xaneiro, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia no ámbito do Servizo Galego de Saúde. Descargar Resolución

Convocado Concurso de Traslados do Persoal Facultativo de Hospital

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 21 de xaneiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de Persoal Facultativo de Hospital. O prazo de solicitudes é dun mes.

11 e 24 de Febreiro

CONCENTRACIÓNS NOS CENTROS DE TRABALLO

MOBILÍZATE NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA


Últimos acordos da Plataforma Sindical

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Plataforma sindical constituida por CCOO, CIG, CSI-F, SAE e UGT apoia tódalas mobilizacións convocadas polo Comité de Centro de Vigo en contra da privatización da sanidade pública e propón que en tódolos centros de Galicia se fagan concentracións os días 11 e 24 de febreiro.

 

Asimesmo, a Plataforma clarexa os seus obxetivos que pasan a se-los seguintes:

  • Defensa da sanidade pública
  • Defensa dos acordos asinados
  • Respecto dos órganos de negociación
  • Negociación réxime ordinario de carreira

Descargar folleto da Plataforma

OPE 2008: Fase de concurso do Persoal Facultativo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Segundo confirma o SERGAS, procederáse a publicación no DOG das listaxes provisionais da  fase de concurso das seguintes categorías e nos seguintes días:

 

DOG do 12 de febreiro:

  • facultativo/a especialista de área de análises clínicas,
  • facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo,
  • facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria,
  • facultativo/a especialista de área de medicina física e rehabilitación,
  • facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía, 
  • odontólogo/a de atención primaria

 DOG do 19 de febreiro:

  • facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo,
  • facultativo/a especialista de área de nefroloxía,
  • facultativo/a especialista de área de psiquiatría,
  • facultativo/a especialista de área de uroloxía

Finais de marzo: Médico de familia

 

Tamén vaise publicar no DOG, o vindeiro día 10, o concurso de Traslados do Persoal Facultativo de Hospital.

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto