Concentración onte diante do Parlamento

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

dscn0779Onte levouse a cabo unha concentración de delegad@s da Área Pública da CIG diante do Parlamento de Galiza, ao celebrarse onte o pleno no que se debatían as medidas para reducir o déficit público, que inclúen a reducción dos salarios d@s empregad@s públic@s.

 

A CIG continuará o seu calendario de mobilizacións contra esta e outras medidas de recurte social.

 

Podedes ler tamén o artigo publicado en Avantar sobre a concentración.

 

Publicadas puntuacións definitivas OPE varias categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe en DOG as puntuacións das categorías de cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa e persoal de servizos xerais. Tamén se convoca o 3º exercicio para as mesmas categorías.

Podedes ver a resolución aqui .

Prazas OPE FEAs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Vimos de recibir as prazas que o SERGAS vai publicar o venres 25 en DOG e que serán as que oferten para os FEAs que acadaron praza na OPE. Podedes velas publicadas na páxina web do SERGAS ou ben descargalas desde aqui.

 

O acto de elección, que tamén sairá publicado o venres, terá lugar o sábado 26 no edificio da Consellería de Sanidade en San Lázaro, Santiago de Compostela. Segundo a categoría será a unha hora ou outra, podedes consultar os horarios aqui ou na web do SERGAS.

Previsións OPE-Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

PREVISIÓNS

  

Traslados:

  

Preven sacar a convocatoria das categorías que faltan a primeiros de xullo en DOG deixando prazo suficiente para a xente que estea nas vacacións (cando menos ata agosto). Os traslados de FEAS xa os teñen practicamente pechados. Esta semana adiantarán os destinos adxudicados para que se difundan, e, se poden, tamén os colgarán na web do SERGAS. A primeiros de xullo publicarase en DOG o nomeamento con destino (de FEAS) e pretenden que a toma de posesión sexa a 2ª quincena de setembro.

  

OPE:

  

Esta semana pretenden que saia a baremación das categorías pequenas (matrona, fisioterapeuta, TER...), o resto de categorías queda para o mes de setembro  (a primeiros) coa excepción de enfermaría que sairán as puntuacións a finais de setembro, iniciando a incorporación en outubro, de xeito escalonado, empezando polas categorías pequenas. Enfermaría probablemente se incorpore a finais de novembro ou na 1ª de decembro.

 


Resumo Reunión Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nesta ligazón podedes atopar as prazas a traslados que entregou o SERGAS na reunión do pasado venres, e que están pendentes dalgunha variación que poida xurdir despois das alegacións das Organizacións Sindicais. En todo caso, as prazas definitivas saberémolas nesta semana que entra.

 

Sobre a reunión do venres podemos comentar:

 

573-37104-a-peluco

ATENCIÓN PRIMARIA

  • O Sergas cambia de opinión e oferta as vacantes de celador ocupadas por interinidades en Atención Primaria (nos PAC) coa condición de que non van a ofertar as RESULTAS.
  • Os cambios en Odontólog@s son sen incrementar o número total das ofertadas (que ven sendo o mesmo número de prazas ofertadas a OPE), o que fixeron foi aplicar o criterio de menor antigüidade na praza e cambian unha que estaba ofertada e que @ interin@ era máis antigu@ por outra que @ interin@ ten menor antigüidade.
  • Os cambios que hai en prazas de enfermaría e médicos de familia son fundamentalmente de quenda ou para clarexar mellor o lugar onde están ubicadas as prazas.
  • Engaden unha praza nova de auxiliar administrativo en Ourense.

 

ESPECIALIZADA

 

Neste apartado os cambios que hai son únicamente aqueles que aportaron dende as Xerencias, as alegacións feitas polos sindicatos quedan para unha revisión posterior na semana que ben, quedando o Sergas en que nos remitirá un listado DEFINITIVO  o mércores.

 


Publicada a reforma laboral no BOE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Mañá entrará en vigor o  Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo, é dicir, publícase hoxe no BOE a Reforma Laboral.

 

A CIG avalía como moi “graves” os recortes laborais que se introducen na proposta de reforma laboral presentada polo goberno, aprobada onte no Consello de Ministros e publicada hoxe no BOE. A CIG considera que a reforma terá graves repercusións para a clase traballadora polo que supón de recorte de dereitos e asegura que pretende satisfacer unicamente as demandas históricas da patronal: desregulación, abaratamento e facilidade para o despedimento. Tedes máis información na web Avantar da Confederación.

A CIG convoca mobilizacións nas cidades galegas, hoxe, xoves 17 de xuño, contra a reforma laboral. A central nacionalista fai un chamamento, a todos os traballadores e traballadoras, a rexeitar as medidas anticrise propostas polo Goberno español e demandar a convocatoria dunha folga xeral. A Confederación Intersindical Galega convocou para hoxe, 17 de xuño, unha serie de mobilizacións en todo o país para rexeitar na rúa as medidas anticrise propostas polo Goberno español e loitar por unha folga xeral que paralice a nova reforma laboral. As manifestacións desenvolveranse a partir das oito da tarde en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía de Arousa.
 
 
A CRISE DO CAPITAL
 
QUE A PAGUE O CAPITAL
 
 
 
 
MOBÍLIZATE E ACODE ÁS MANIFESTACIÓNS
E ACTOS CONVOCADOS PARA HOXE
 
 
 
CONTRA A NOVA REFORMA LABORAL:
 
FOLGA XERAL

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto