Previsións OPE e Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CALENDARIO AVANZADO POLO SERGAS

  • FEAS: Incorporación antes do verán tanto OPE como traslados(seguramente en xuño antes das vacacións)
  • OPE RESTO CATEGORÍAS: Incorporación seguramente no mes de outubro.
  • TRASLADOS RESTO CATEGORÍAS: Despois de Semana Santa teremos un borrador, a día de hoxe están traballando nas prazas que van ofertar, esperan te-las pechadas a mediados de abril.

O persoal do hospital da Cruz Vermella continúa coas protestas polo peche do hospital

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cruzvermella17032010Denuncian que a ONG xa despediu a cinco traballadores/as eventuais 

                                   

Os traballadores e as traballadoras do hospital da Cruz Vermella de Vigo trasladaron na mañá deste mércores as protestas contra o peche do centro até a sede da organización en A Coruña, onde desenvolveron unha ruidosa concentración para esixir o mantemento do servizo. Dende a CIG lémbrase que non existen causas económicas que xustifiquen a decisión desta organización e reclamouse ao Sergas que actúe de inmediato para evitar un peche que deixará na rúa a 70 traballadores/as e a 70 doentes, que requiren de atención permanente.  

Ler máis

CIG-Saúde celebrou, os días 13 e 14 de marzo, o seu V Congreso

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
vcongresofederal_mxMaría Xosé Abuín, re-elixida secretaria nacional da CIG-Saúde no seu V Congreso
A única candidatura presentada para a Secretaria Nacional, de María Xosé Abuín, obtivo o respaldo do V Congreso da CIG-Saúde con 85 votos e 7 votos en branco. Así mesmo, a candidatura encabezada tamén por María Xosé Abuín, e que foi a única presentada consegueu 114 apoios e 9 votos en branco. Na sesión de clausura ademais da re-elixida secretaria nacional da federación, participou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

A sesión da mañá do domingo 14 de marzo comezou ás 11.30 coa votación dos relatorios de Organización e Implantación, así como os Estatutos, cun resultado de 73 votos a favor, 10 en contra e 9 abstencións.

 

Unha só lista

A continuación presentouse unha só lista para a Executiva Nacional da federación da Saúde da CIG encabezada por María Xosé Abuín, única candidata tamén á Secretaría Xeral, a quen segue nesta candidatura, Xan Ramón Fernández, Susana Méndez, Lois Méndez, Camilo Agulleiro, Xoana Zamudio Manuel González, Vitor Vila e Carme Aira.

 

Resultados do proceso

A candidatura á Secretaria Nacional de María Xosé Abuín obtivo votos 85 votos, 2 nulos e 7 votos en branco. A candidatura para a Executiva Nacional da CIG-Saúde conseguiu 114votos, 3votos nulos e 9 votos en branco.

 

Resolucións

Presentáronse catro resolucións deste encontro, que tiñan que a ver coa vontade privatizadora das políticas do PP contra a sanidade pública galega, asi como pola mobilización e integración nas plataformas na defensa da sanidade existentes ou outras que podan xurdir. Tamén o ataque contra a galega e a posta na defensa da língua propia de Galiza foi protagonista doutra resolución, e tamén o rexeitamento ao peche do hospital da Cruz Vermella en Vigo

 

vcongresofederal

 

Sesión de clausura

Para por remate a estas dúas xornadas do V Congreso Nacional da CIG-Saúde tivo lugar a sesión de Clausura, na que participaron tanto a re-elixida secretaria nacional sa CIG-Saúde, María Xosé Abuín, como o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

A re-elixida secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, agradeceu a confianza depositada e fixo referencia ao grande reto que "toca afontar nesta nova etapa. A partir de hoxe comeza o traballo en todos os ámbitos, tanto na sanidade pública como na privada, para loitar e non sermos pisoteadas polas políticas privatizadoras do PP".

Rematou sinalando que "temos que demostrar que este país continúa a ser distinto a calquera outro porque aquí está e aquí traballa a CIG".

 

Intervención de Xan Cons

María Xosé Abuín solicitou que Xan Cons, anterior secretario nacional da CIG-Saúde, intervirá tamén neste remate congresual para agradecer o "respecto exquisito polo meu silencio e as miñas ausencias", e anunciou que "me poño a disposición de todos vós e da nova Executiva para establecer aquelas vías de participación e colaboración cos organismos".

Cons subliñou que "este V Congreso representa un antes e un despois, e é un orgullo observar e ser partícipe despois dos problemas, a presenza dunha federación forte, cunha Executiva de luxo, á que traslado a miña noraboa".

 

Intervención de Suso Seixo

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, fixo fincapé no importante traballo que se realiza desde esta federación "nun sector complexo, e máis nos tempos que corren, nos que teredes que realizar un grande esforzo para derrotar a vontade do PP de recortar o orzamento dos servizos públicos, e tamén na sanidade, coa sua política de privatización".

 

Sobre a crise económica, salientou que as causas da crise "non se encontran na rixídez do mercado, nin nos altos salarios da clase traballadora, senón que se debe ao reparto desigual da riqueza e ao fomento da economia especulativa. Mesmo estase tentando fomentar a economia especulativa a través dos recursos públicos, como no caso das axudas á banca, que non se trasladaron ao tecido produtivo".

Seixo avogou por unha política fiscal distinta e acabar cos paraisos fiscais, entre outras medidas.

 

vcongresofederal_2

 

 

O secretario xeral da CIG realizou un chamamento a responder a estas agresións, e denunciou a ocultación das mobilizacións do 10 de marzo por parte dos medios de comunicacións, unhas manifestacións das que participaron milleiros de traballadores e traballadoras.

Apostou por traballar para mudar a correlación de forzas actual, crear conciencia social, "organizarnos e mobilizarnos para un cambio de políticas e de modelo. Temos que ter esperanza e traballar porque esa é a nosa función como organización sindical nacionalista e de clase. Asi, entre todos e todas conseguiremos que non se nos impoña o modelo de privatización da sanidade".

V Congreso de CIG Saúde en Ourense

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-Saúde celebra, os días 13 e 14 de marzo, o seu V Congreso

 

A Federación de Saúde da CIG celebrará o seu V Congreso durante os días 13 e 14 de marzo, no Hotel Auriense, en Ourense. As/os 143 congresistas que están convocadas/os, debaterán, a partir das 11:15 horas do sábado, as ponencias de Acción Social e Política Sanitaria e de Organización e Estatutos e elixirán á/ao nova/o secretaria/o nacional e á Executiva.

 

María Xosé Abuín, actual secretaria nacional, salienta que entre os temas a debater, a CIG-Saúde definirá as súas posicións a respecto da situación da sanidade pública e privada, da mesa sectorial, a negociación colectiva e sobre as novas fórmulas de xestión integrada de áreas.

 

Para a CIG-Saúde, este V Congreso, debe ser, ante todo, unha reafirmación do compromiso na loita sindical, “no debemos conformarnos con parar as agresións que recibimos, debemos ter un posicionamento máis ambicioso xa que a transformación social é posíbel”.

 

CIG-Saúde aposta por construír unha organización sindical forte, para enfrontar as agresións que o conxunto da sanidade está a sufrir “pola implantación das políticas neoliberais e a receptividade e o fomento dos gobernos a dar entrada ao capital privado no sistema sanitario, convertendo este nun negocio que de futuro só dará beneficios ao mundo empresarial en detrimento da calidade asistencias, da carteleira de servizos que se ofertan á poboación e dos dereitos dos/as traballadores/as”.

 

A federación parte de que con estas políticas sanitarias foméntanse cada día máis as desigualdades sociais, rachando cos principios básicos que contén a Lei Xeral de Sanidade “universalidade, gratuidade e equidade no aceso ao sistema sanitario”.

 

Desde a CIG-Saúde tamén se observa con preocupación que, desde algúns sectores da sociedade, se pretenda responsabilizar dos males do sistema á descentralización. Por iso manifestan, como punto de partida, o seu rexeitamento a “calquera opción que tenda a burocratizar e acartonar a negociación colectiva e o ámbito das relacións laborais a través de pactos estatais”.

 

Estes serán, entre outros, os temas a tratar durante a que xa se prevé como unha intensa fin de semana.

Publicadas as listaxes pendentes de Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG de hoxe a resolución que publica as listaxes definitivas da bolsa de contratacións das seguintes categorías:

  • Persoal médico de familia
  • Persoal médico de urxencias hospitalarias
  • Pediatra
  • Odontólogo e odontóloga
  • Persoal de enfermaría (DUE)
  • Matrón e matrona
  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
  • Cociñeiro e cociñeira

 

Ademais, inclúese na resolución as seguintes cuestións:

  • As persoas aspirantes na categoría de persoal de enfermaría (DUE) que figuren admitidas na condición de titular, na lista dunha área especial de enfermaría xunto a outra ou outras listas especiais (curta duración de urxencias de atención primaria e/ou curta duración de atención especializada), deberán optar por unha delas, mediante escrito formalizado perante a dirección provincial correspondente dentro do prazo de dez días contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. De non formalizar a opción dentro do prazo, será mantido na lista da área especial de enfermaría, e dado de baixa na outra ou outras listas especiais, de ser o caso. Disporán do mesmo prazo aquelas persoas aspirantes que figuren admitidas como titular na lista especial de curta duración de urxencias de atención primaria e na lista especial de curta duración de atención especializada, de modo que, de non formalizar a opción por unha delas dentro do prazo indicado, serán mantidos como titulares na lista especial de curta duración de atención especializada, e serán dados de baixa na lista especial de curta duración de urxencias de atención primaria.
  • As persoas aspirantes na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría que figuren admitidas na condición de titular, na lista da área especial de saúde mental xunto á lista especial de curta duración de atención especializada, deberán optar por unha delas, mediante escrito formalizado perante a dirección provincial correspondente dentro do prazo de dez días contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. De non formalizar a opción dentro do prazo, será mantido na lista da área especial de saúde mental, e dado de baixa na listaxe especial de curta duración de atención especializada.

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto