Mércores 16 de decembro, folga na sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Folga16Como xa saberedes o próximo mércores 16 de decembro, CIG-Saúde xunto co SAE temos convocada unha xornada de folga. Esta decisión non a tomamos á lixeira posto que sabemos que a folga é un arma preciosa que somente debemos utilizar cando se esgotan o resto de recursos. Foron moitas as horas que adicamos a debatir esta posibilidade analizando pros e contras, pero ó final chegamos á conclusión de que se esta afrenta da administración non xustificaba unha folga nada a xustificaría, hai organizaciois que noutras comunidades teñen convocadas folgas polo tema de carreira profesional no mes de xaneiro, se ese tema por sí solo xustifica as folgas noutros lares, como non se vai xustificar no SERGAS pola suspensión de acordos que non solo afectan á carreira profesional senon tamém ós acordos asinados durante estes anos e que nos deixan co cu ó aire nun ataque ó persoal do SERGAS sen precedentes.

A FOLGA do dia 16 non é ó final das mobilizacións, é o inicio dunha campaña sen límite de tempo na que polo menos dende CIG-Saúde non regatearemos forzas para que se nos devolva o que se nos quitou e era noso, estamos dispostos a seguir adiante coa a loita se fai falta o resto da lexislatura, nós non empezamos esta guerra, senon os piratas que nos malgobernan, pero unha vez dentro dela estamos dispostos a queimar as naves.


Queremos que os acordos asinados servan para algo e non para que o primeiro politiquiño que chegue os rache como se non pasara nada; esta é unha FOLGA pola dignidade, porque é mellor morrer de pé, que vivir sempre de xeonllos.

 

 

Folla informativa boton

 

 

OS ACORDOS HAI QUE RESPECTALOS

 

TEMOS DIGNIDADE!

 

16 DE DECEMBRO

 

FOLGA NA SANIDADE

 

 

 

 

 
FOLGA O DÍA 16; POR QUÉ?



POLO RESPECTO DOS ACORDOS ASINADOS

Desde o 14 de outubro a CIG-SAÚDE ven demandando do SERGAS o cumprimento íntegro dos acordos asinados. A Admón non tiña ningunha intención, dende o principio de chegar a acordos coas organizacións sindicais, só pretendía someternos á súa chantaxe.

POR COHERENCIA

A CIG-SAÚDE fíxolle chegar á Admón unha proposta de acta que garantizaba o cumprimento dos acordos, o Sergas sen embargo pretendía que asinásemos unha acta de compromiso (matrimonial, civil, relixioso..), que nos convertéramos en NOTARIAS/OS da Admón. O que pretende a Admón que fagamos as organizacións sindicais é:

- Que enganásemos ás/aos traballadoras/es, convencéndoos de que teñen que renunciar ás súas retribucións.
- Que lle garantíramos que esta Admón vai cumprir o seu calendario. Se agora xa non cumpre o publicado no DOG.!
- Que as organizacións sindicais sexamos dóciles, converténdonos na voz da Admón e non nos representantes das/os traballadoras/es.

POR DIGNIDADE

Porque non podemos consentir que a Admón sanitaria difunda perante a opinión pública unhas mensaxes co único obxectivo de desprestixiar as/os traballadores como preludio das medidas que van tomar na nosa contra.

Non sexas cómplice na
campaña de despretixio que pretenden facer da sanidade pública e das/os seus traballadoras/es.

 

CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS

Ademáis o mesmo mércores 16 haberá unha concentración de delegados e delegadas en Santiago de Compostela, e máis concretamente, diante do Parlamento de Galiza para protestar precisamente polas decisións en materia retributiva do Partido Popular, para amosar o noso rexeitamento ás políticas restrictivas deste goberno, para solicitar o cumprimento dos acordos asinados e rexeitar a perda do poder adquisitivo.

 

CIG-ACORDOS

PSOE e PP votan a favor do mantemento dos privilexios dos funcionarios que desempeñen altos cargos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
seixoA CIG demanda ademais a modificación da lexislación sobre o exercicio da ILP
Suso Seixo, secretario xeral da CIG, foi o encargado de defender no pleno do Parlamento, como portavoz da comisión promotora, a Iniciativa Lexislativa Popular a través da que máis de 19.000 galegos e galegas demandaban a derrogación do chamado plus de altos cargos. Xunto a el tamén asistiron ao pleno membros da executiva Confederal, os secretarios nacionais das federacións de Administración Pública, Saúde e Ensino e membros das súas executivas.

O obxectivo desta ILP non era outro que “corrixir unha deriva gravemente errónea, inxusta, discriminatoria e, aparentemente pouco meditada, na regulación legal das retribucións dos funcionarios que desempeñaron postos de altos cargos”, segundo explicou Seixo na súa intervención, ou o que é o mesmo, a derrogación da disposición adicional 17ª da lei de Función Pública de Galiza, que foi votada a favor polos grupos parlamentarios o 27 de xullo de 2007, logo de que o PP a introducira como emenda.

Seixo lembrou que esta decisión lexislativa “foi obxecto dunha enorme contestación social, reveladora do distanciamento que nesta materia existe entre a sociedade galega e moitos dos seus representantes políticos” e que subverte “o principio de que o desempeño de cargos públicos ou de designación política non pode converterse nun atranco, pero tampouco nunha vantaxe, para a carreira profesional dos funcionarios”.

O secretario xeral da CIG explicou que do que se trata, xa que logo, é de reintegrar “os servidores públicos que desempeñaron postos de confianza política no réxime ordinario da carreira profesional aplicábel a todo o funcionariado” e non como ocorre desde a aprobación da Lei de Función Pública, onde se recoñece o dereito a cobrar ese plus para aqueles funcionarios que se teñan reincorporado ou se reincorporen, en diante, ao servizo activo logo de ter desempeñado postos coa consideración de altos cargos na Administración galega durante dous anos continuados ou tres con interrupción.

Ler máis

Éxito na concentración de hoxe á tarde

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Arredor dun milleiro de traballadoras e traballadores do SERGAS concentráronse hoxe á tarde para rexeitar a decisión do Partido Popular de suprimir, entre outros,  os acordos retributivos. Ao mesmo tempo, dentro do parlamento, o Partido Popular dáballe para diante as súas propostas orzamentarias restrictivas para o ano 2010. Lembramos que con estas medidas:

  • Se suprimen os acordos retributivos asinados e publicados en DOG
  • Se suprime o Plan Mellora
  • Se suprimen os acordos de PAC

En definitiva, se suprimen todas aquelas novas contías asignadas orzamentariamente para o ano 2010.

 

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN

 

Noticia da concentración en Avantar

Resultado da reunión co SERGAS sobre as Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

basta_de_esperasHoxe tivemos unha reunión co SERGAS para falar das contratacións, tanto das listaxes pendentes como do novo pacto de contratacións. Como previa ao inicio da reunión, a Administración infórmanos da situación na que se atopan as listaxes pendentes de publicar. Desde a Tesourería da S.S de Madrid xa enviaron o disket cos datos do desemprego, nos próximos días farán a volcaxe de datos e, en breve, publicaran as listaxes provisorias. Reiteraron a celeridade coa que se fixo esta baremación, xa que o anterior proceso durara ano e medio

Desde CIG-SAÚDE comentámoslle que a celeridade veríase ao final do proceso, unha vez publicadas as listaxes definitivas.

Nesta reunión a Admón fixo entrega dunha nova proposta. A devandita proposta non é definitiva, xa que tras o debate sindical a Admón quedou en valorar a proposta que unanimemente lle facíamos as organizacións sindicais.

A PROPOSTA DA ADMÓN.:
1.- Incentivación ou recoñecemento do persoal que superou os procesos selectivos.
2.- Nesta proposta barémanse todos: aprobados, suspensos e non presentados.
3.- Unha única listaxe con dous bloques e baremada con criterios de OPE:
    a.-Nota de exame, ponderada segundo a puntuación obtida.
    b.-Experiencia profesional.
    c.-Formación.
4.- A devandita listaxe tería dous bloques:
    a.- No primeiro bloque, estaría por orde de baremación o persoal que superase o proceso selectivo.
    b.- No segundo bloque, estaría por orde de baremación o persoal que non superase o proceso selectivo e o persoal que non participase na OPE.

Esta proposta mellora a proposta presentada na reunión anterior, pero a Admón pretendía seguira diferenciar na baremación os aprobados dos suspensos. Despois do debate, a Admón aceptou pensar a proposta unánime das organizacións sindicais:

Proposta das organizacións sindicais:
Unha única lista baremada con criterios OPE: aprobados e suspensos, como se fai agora neste pacto. Cada ún tería a orde de prelación que lle corresponda segundo os méritos achegados. Pendente de que a Admón o valore.

O pacto que se negocie agora será de aplicación despois da próxima OPE; nese momento todo o persoal coñecerá previamente as regras do novo pacto.

Ademáis disto, a Admón informounos da súa pretensión de crear unha plataforma dixital para facer un rexistro de persoal onde figuren todos os méritos: experiencia profesional, formación... Nesta plataforma rexistraríase todo o persoal: fixo, interino, eventual, demandante de emprego... Os méritos aquí rexistrados utilizaríanse para todos os procesos: mobilidade interna, carreira, traslados, OPE...

A pretensión da Admón: esta é a última vez que se barema.

Mércores 9: Concentración diante do Parlamento de Galiza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cun_megafonoLembramos que o vindeiro día 9 de nadal(logo da ponte) temos todos e todas unha cita pendente en Compostela. Haberá unha concentración ás 17:30 horas diante do Parlamento de Galiza para esixirlle ao goberno do Partido Popular que modifique as súas posturas e onde lles solicitaremos Xustiza e Democracia para o conxunto de traballadores do SERGAS. Haberá autobuses de balde desde as distintas comarcas.

 

POLO RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN

POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

 

¡¡¡¡¡¡¡¡ACUDE!!!!!!!!

 

Modificacións na regulación da Tarxeta Sanitaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicado no DOG de hoxe o Decreto 429/2009, do 3 de decembro, polo que se modifica o Decreto 177/1995, do 16 de xuño, polo que se regula a tarxeta sanitaria.

 

Decreto

Concentracións en todas as delegacións provincias do SERGAS contra a precarización da contratación na sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

corunaCIG-Saúde reclama a publicación das listas pendentes e a cobertura de todas as vacantes

Delegados e delegadas da CIG-Saúde concentráronse na mañá deste xoves diante das delegacións provinciais do SERGAS para denunciar a política de contratacións que está levando a cabo a administración na sanidade, tanto no referente á publicación de listas, que están pendentes de sacar case un ano despois de terse realizado a convocatoria, como para esixir a publicación dos decretos das categorías e reclamar contratos estábeis para os traballadores e traballadoras da sanidade pública.

 

A Secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explicaba a respecto da publicación do decreto de categorías que hai máis dun ano que se convocaron as listas, pero como o SERGAS continúa sen publicar o decreto non se poden realizar as contratacións. “Isto supón unha fraude para as persoas que pagaron as taxas para estar nestas listaxes”, aseverou, mentres que todo parece indicar que algunhas destas categorías, como a de técnicos de documentación ou os/as dietistas, corren o risco de ser privatizadas directamente sen dar opción ao persoal a traballar.

 

 

 

 

Ler máis

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto