Atención Primaria: A porta de entrada ao sistema sanitario, sen persoal para atendela

A CIG-SAÚDE esixe do SERGAS que tome en consideración os datos publicados nos Plans de Ordenación de Recursos Humanos, mediante as Ordes de 8 de maio de 2012 e de 5 de decembro de 2013, para adaptar as Prazas ...

CIG-Saúde exíxelle ao SERGAS que contabilice como tempo de traballo o tempo dedicado a dar o relevo

Tempo de traballo é todo o tempo que o/a traballador/a permanece no posto de traballo. No SERGAS, un número importante de traballadoras/es permanecen no seu posto de traballo en cada quenda máis de 20 minutos a...

Permisos e licenzas SERGAS: Negociación XA!!!

Mentres as Mesas Sectoriais de Función Pública e Educación negocian e acordan o réxime de permisos e licenzas para o seu persoal, o SERGAS négase rotundamente a falar dos permisos e licenzas de traballadores e ...

A CIG-Saúde exixe a correcta clasificación do persoal conforme ao EBEP

O pasado 31 de outubro de 2015 publicouse no BOE o Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do/a Empregada/o Público. O devandito texto p...

  • Atención Primaria: A porta de entrada ao sistema sanitario, sen persoal para atendela

    Luns, 22 Maio 2017
  • CIG-Saúde exíxelle ao SERGAS que contabilice como tempo de traballo o tempo dedicado a dar o relevo

    Venres, 10 Xuño 2016
  • Permisos e licenzas SERGAS: Negociación XA!!!

    Xoves, 31 Marzo 2016
  • A CIG-Saúde exixe a correcta clasificación do persoal conforme ao EBEP

    Mércores, 25 Novembro 2015
 
 
 
 

2017 banner esiximosarecuperaciondosnososdereitos

 
 

Publicación listas provisionais do concurso de traslados de FEAs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

 

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluidos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

Ábrese un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Deberán dirixirse á unidade de validación á cal dirixisen a solicitude de participación no concurso.

As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Convocatoria de Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS vese obrigado a convocar a Mesa Sectorial  extraordinaria a instancia das organizacións sindicais CIG-SAÚDE, CCOO, UGT, CSIF, SATSE e SAE, para abordar a recuperación dos acordos salariais  suspendidos o vindeiro venres 29 de setembro de 2017.

Nestas datas xa está elaborado o borrador dos Orzamentos 2018.

Que nos van a contar?

Vai haber unha partida orzamentaria para a recuperación dos acordos?

Agardamos que realmente sexa o inicio da recuperación dos acordos suspendidos.

Convocatoria

Publicación plantillas definitivas dos exames da OPE do Centro de Transfusións de Galiza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2017 relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para cubrir postos de traballo desta axencia mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

  • Médico/a especialista en hematoloxía e hemoterapia
  • Médico/a xeral
  • Técnico/a superior
  • Responsable de comunicación
  • Enfermeiro/a
  • Técnico/a especialista de laboratorio
  • Promotor/a da doazón
  • Auxiliar administrativo
  • Auxiliar de informática
  • Auxiliar clínica/laboratorio
  • Condutor/celador

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa publicación, unicamente de existir erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicadores, situada na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na avenida Monte da Condesa, s/n, 15705 Santiago de Compostela, e deberá enviarse comunicación por fax ao número 981 59 00 85 de que se presentou reclamación noutro rexistro diferente ao da axencia, de ser o caso.

 

Publicación listas definitivas de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola cal se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

  • Enxeñeiro/a técnico/a
  • Grupo de xestión da función administrativa
  • Grupo técnico da función administrativa
  • Técnico/a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais
  • Técnico/a superior en Prevención de riscos laborais
  • Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
  • Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
  • Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Decreto de prescrición enfermeira, unha aberración normativa máis do PP

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

20170922 escrito conselleiro

CIG-SAÚDE  solicitamos que a Consellería de Sanidade de Galiza demande do Ministerio de Sanidade a retirada inmediata do RD de prescrición enfermeira, ao igual que o están a demandar o resto de servizos de saúde.

 

 

 

A CIG-Saúde denuncia que a Xunta de Galiza pretende condicionar a asistencia sanitaria á voluntariedade das e dos profesionais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logocigsauded

 

A CIG-Saúde denuncia que a Xunta de Galiza pretende condicionar a asistencia sanitaria á voluntariedade das e dos profesionais

Demanda que se garanta a prestación independentemente do lugar onde se viva

A CIG-Saúde vén de denunciar a pretensión da Xunta de facer depender da voluntariedade das/os profesionais a asistencia sanitaria nas áreas que ten intención de suprimir coa aplicación da nova lei de saúde que o Partido Popular pretende impor en Galiza. A secretaria nacional, María Xosé Abuín, considera que esta suposta voluntariedade “non é máis que unha escusa do presidente da Xunta para aplicar a súa política de desmantelamento da sanidade pública”.

O proxecto de Lei de Saúde contempla a desaparición das áreas sanitarias da Mariña, O Barco, Monforte e Salnés. “O PP pretende así centralizar a asistencia sanitaria nos grandes complexos hospitalarios afastando e dificultando o acceso a ela á poboación destas zonas. Deste xeito, aproveitando a Lei de Garantías, afondará no desmantelamento da sanidade pública porque para garantir o cumprimento dos tempos máximos de espera previstos nesa lei concertará un maior número de servizos sanitarios (cirurxía, probas diagnósticas…) coa sanidade privada”, denuncia Abuín.

A secretaria nacional da CIG-Saúde denuncia tamén que se adopta esta medida no canto de dotar dos medios e recursos humanos necesarios estas áreas para poder garantir a mellor e máis completa atención á toda a poboación.

Considera, ademais, que non foi casual que o presidente da Xunta fose convidado de honra na reunión da sanidade privada que se celebrou en Galiza e que “tivo ben coidado de omitir na súa axenda pública”.

Alerta respecto da prestación da atención primaria

Para Abuín é “moi grave” que Feijóo chegara a afirmar –en sede parlamentaria- que a atención nestas áreas dependerá da “vontade” dos/as especialistas. Lembra que desde o ano 1996 todos/as os/as médicos/as fan a súa formación a través do MIR, incluídos/as os/as médicos/as de familia. Por iso pregúntase se tamén no caso de primaria se fará depender a prestación de que haxa profesionais para garantir a atención.

Fronte as modificacións que o PP pretende introducir, a CIG-Saúde demanda a mellora das condicións laborais e salariais, a devolución da carreira profesional e o resto de retribucións “roubadas” desde o ano 2010. Exixe que se remate a precariedade e que se apliquen criterios de igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público no persoal especialista, publicando de inmediato o pacto de selección temporal de FEAS.

Demanda ademais a convocatoria do 100% das prazas vacantes nos concursos de traslados anuais e as ofertas de emprego e que se integre ao persoal que traballa nos hospitais comarcais nos proxectos de investigación, formación e outras actividades con alianzas estratéxicas de xestión compartida.

Abuín subliña que no SERGAS hai persoal altamente cualificado e con coñecementos suficientes para deseñar un modelo de prestación sanitaria pública que garanta a igualdade de todas/os no acceso aos servizos sanitarios, independentemente de onde se viva ou da patoloxía que se presente. “As ansias do Presidente da Xunta por incorporar persoal externo, ou con intereses privados na sanidade pública, só vai traer desigualdade no acceso  e maior sufrimento as persoas enfermas”, advirte.

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto