Publicación de baremación definitiva da fase de concurso da OPE 2015-2016 e publicación dos/as aspirantes seleccionadas/os

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícanse  no DOG as Resolucións nas que se publica a baremación definitiva da fase de concurso da OPE 2015-2016 e das/os aspirantes seleccionadas/os.

- Técnico/a superior de prevención de riscos laborais

- Facultativo/a especialista de área

- Odontólogo e pediatra de atención primaria

- Médico/a de admisión e documentación clínica

- Técnico/a especialista en sistemas e tecnoloxías da información, Técnico/a de xestión en sistemas e tecnoloxías da información e Traballador/a social

- Médico/a asistencial do 061, Médico/a coordinador do 061 e Médico/a de urxencias hospitalarias

 Os/as aspirantes seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Resolución para a presentación da documentación.

A documentación requirida deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

 

Modificación do pacto de contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a  RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do acordo da Mesa Sectorial de Sanidade do 16 de outubro de 2018, de modificación do pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

Esta modificación do Pacto de selección temporal do SERGAS fai realidade o compromiso acadado na Mesa Sectorial de Sanidade durante a negociación da carreira profesional ordinaria.

A partir de agora e de forma paulatina as persoas con maior puntuación nas listas de contratacións poderán optar a unha interinidade en praza vacante independentemente de que xa estean vinculados a unha substitución nominal de longa duración.

CAMBIOS INCLUÍDOS

Cláusula III.2. Orde de chamamentos.

A formalización de nomeamentos de longa duración –interinidade en praza vacante ou calquera outro de duración inicial previsible igual ou superior ao ano– a xornada completa ofertarase, en todo caso, á persoa que acredite a maior puntuación na lista da área sanitaria ou ámbito territorial que corresponda, con independencia de que aquela estea vinculada, ao tempo de chamamento,

a) por un nomeamento estatutario temporal a xornada completa de duración inferior ao ano,

b) por un nomeamento a tempo parcial calquera que sexa a súa duración,

c) ou por un nomeamento de substitución a xornada completa de duración previsible igual ou superior ao ano; neste último suposto, só cando o vínculo que se oferte sexa unha interinidade en praza vacante.

Como excepción, as persoas aspirantes inscritas nas listas de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, encontrándose vinculadas por un nomeamento de longa duración nunha destas categorías, renuncien a un nomeamento de substitución de duración previsible igual ou superior a un ano na outra categoría de inscrición, permanecerán como indispoñibles para sucesivos nomeamentos deste tipo nesta última ata a finalización do seu vínculo, e só como dispoñibles para vínculos como interinos en praza vacante. A renuncia a un nomeamento de interinidade suporá a indispoñibilidade para sucesivas ofertas nesta última categoría ata a finalización do vínculo na outra categoría compatible.

Cláusula IV.5. Excepcións ao réxime de penalizacións.

O persoal que se encontre vinculado por un nomeamento de substitución a xornada completa, de duración previsible igual ou superior ao ano, ao cal se lle oferte unha interinidade en praza vacante poderá renunciar a esta, sen penalización, permanecendo como indispoñible para sucesivos chamamentos desta mesma clase ata a finalización do seu vínculo.

 

Publicación da baremación definitiva da fase de concurso e dos/das aspirantes seleccionados/as na OPE do CTG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

 

Hoxe publícase no DOG pola Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (CTG) a RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2018 pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para cubrir postos de traballo mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Categorías:

  • médico/a especialista en hematoloxía e hemoterapia, 
  • médico/a xeral, 
  • técnico/a superior, 
  • responsable de comunicación, 
  • enfermeiro/a, 
  • técnico/a especialista de laboratorio, 
  • promotor/a da doazón, 
  • auxiliar administrativo, 
  • auxiliar de informática, 
  • auxiliar clínica/laboratorio, 
  • condutor/a/celador/a

Os/as aspirantes seleccionados/as  disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da documentación.

A documentación requirida deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en avda. Monte da Condesa, s/n, 15705 Santiago de Compostela. 

Enviarase comunicación por fax ao nº 981 59 00 85 de que se presentou a documentación noutro rexistro diferente ao da Axencia, se fose o caso.

CIG-Saúde denuncia novamente a falta de pediatras no sistema sanitario galego

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

A creación de figura de ‘pediatra de área’ non soluciona, en absoluto, o problema

Compostela, 22 de outubro de 2018.

A CIG-Saúde vén alertando da falta de pediatras no SERGAS desde o ano 2012, data na que se publicou no DOG o Plan de Ordenación de Recursos Humanos no que se recollía xa a previsión de xubilacións nesta especialidade até 2017. Diante desta situación, dirixiuse en reiteradas ocasións tanto á anterior conselleira como ao actual sen obter resposta algunha. Agora denuncia a creación do posto de Pediatra de Área porque non vai dotar de máis profesionais o sistema público de saúde e porén, vai provocar inestabilidade e explotación laboral das/os que agora están.

A través da Lei de Acompañamento para os orzamentos de 2019, e sen previa comunicación á Mesa Sectorial do SERGAS –que é onde se ten que negociar a creación de calquera categoría nova, segundo se establece no Estatuto Marco, Lei 55/2003-, o Partido Popular crea a categoría de facultativo/a especialista de Pediatra de Área.

“A intención do PP coa creación desta categoría ás agochadas non é mellorar a atención pediátrica da poboación infanto-xuvenil galega, senón crear un posto de facultativo/a especialista polivalente para prestar servizos en máis dun centro hospitalario e de primaria”, denuncia a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

A creación deste novo posto de facultativo especialista polivalente non vai implicar novas contratacións senón, unicamente redistribuír ás/aos profesionais que xa traballan no sistema público para que en lugar de atender no centro ao que están adscritos atenda en máis de un.

A CIG-Saúde témese que detrás disto se agoche a intención de centralizar a asistencia pediátrica nos grandes núcleos de poboación desatendendo os hospitais comarcais e a atención primaria do resto dos núcleos.

Para Abuín o que si vai provocar seguro é “o empeoramento no asistencia sanitaria e a emigración de profesionais altamente cualificados/as que buscarán ofertas de traballo estábeis e sen explotación laboral que lles permitan ter un proxecto de vida digno”.

A secretaria nacional da CIG-Saúde asegura que “se realmente a intención deste goberno fose solucionar esta situación tería creado no ámbito do SERGAS a Comisión Técnica que desde a CIG vimos solicitando desde hai anos para abordar a falta de profesionais, as consecuencias que isto ten na asistencia sanitaria e as posíbeis medidas de solución”. Entre outras, Abuín sinala, adaptar a oferta de prazas MIR en Pediatría ás xubilacións producidas nestes anos, suprimir a taxa de reposición que tan graves consecuencias tivo e ten e convocar as prazas necesarias para garantir a cobertura do sistema”.

Xunto a isto a CIG-Saúde denuncia que coa creación desta nova categoría o SERGAS rompe os acordos de selección temporal e definitiva pactados coas organizacións sindicais xa que na actualidade tanto o sistema de contratación como o de OPE está diferenciado entre atención primaria e atención hospitalaria.

A CIG-Saúde exixe da consellaría de Sanidade que elimine a creación desta figura da Lei de Acompañamento dos orzamentos 2019, a inmediata creación desta comisión técnica e que se aborden este e todos os problemas de falta de persoal facultativo que padece o sistema público de saúde en Galiza.

Folga nos PACs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo folga pacs

As Organizacións Sindicais CIG-Saúde, CCOO, UGT, SATSE, CSIF, CESM e OMEGA deciden convocar Folga Legal nos centros sanitarios do SERGAS, do ámbito da Atención Primaria, denominados PUNTOS DE ATENCIÓN CONTINUADA (PACs).
 
O ámbito da folga afectará a todo o persoal estatutario das categorías de Medicina de Familia e de Enfermaría, que presta os seus servizos nos Puntos de Atención Continuada do SERGAS.
A FOLGA desenvolverase desde ás 15 horas dos días 16, 19, 23, 26 e 30 de outubro e 2, 6 e 9 de novembro, rematando ás 08 horas do día seguinte; e desde as 08 horas dos días 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro, rematando ás 08 horas do día seguinte.
Mediante a presente convocatoria de FOLGA, as Organizacións Sindicais convocantes queremos poñer de manifesto diante da Administración Sanitaria e da opinión pública a nosa preocupación pola situación que se está a vivir nos Puntos de Atención Continuada (PACs) e que está sendo obxecto de negociación nunha Comisión Técnica da Mesa Sectorial.
 
A convocatoria desa Comisión Técnica estivo precedida dunha recollida de sinaturas dun numero importante das e dos profesionais afectados, que reclamaban:
• Equipos completos médico/enfermeiro en tódolos PACs. A atención a emerxencias sen persoal adecuado non é aceptable nun país desenvolvido; e a responsabilidade desta asistencia de baixa calidade é da mala planificación por parte das EOXI.
• Respecto aos tempos de traballo do persoal conforme a directivas europeas, que están para garantir unha atención eficiente por persoal descansado en beneficio dos pacientes. Isto debe ser independente de ter un contrato fixo ou traballo fraccionado, o fraccionamento de contratos non pode empregarse para non cumprir cos descansos.
• Calquera avaliación de “derivación hospitalaria” debe ser eliminada das listas de obxectivos, xa que as derivacións non son opcionais, seguen criterios médicos. Os ADX deben adecuarse ao traballo no PAC.
• A existencia de criterios obxectivos para a dotación de persoal nos PACS en base á carga asistencial, dispersión, distribución etaria, distancia ao hospital e número de mobilizacións polo 061 para garantir o dereito a asistencia.
• O pago do 100% dos complementos de nocturnidade e festividade dende este momento e con carácter retroactivo dende o 2010.
• Que non se aumente a xornada laboral efectiva das 1451 horas actuais, calquera exceso de xornada debe ser voluntario, incentivado e por tramos; empeorar as condicións laborais aumentarán as fugas de persoal a outras áreas e servizos e empeorarán a asistencia.
• Computo axeitado de Incapacidades Temporais e permisos retribuídos.
• As asistencias a calquera reunión convocada dende as xerencias deben ser contabilizadas coma xornada laboral.
• As dietas dos domingos e festivos deben ser aboadas pola comida e pola cea.
• Elaboración dos calendarios de quendas dando prioridade ao persoal propio de PAC, ocupando o persoal voluntario os ocos.
• A dotación de Equipos de Protección Individual a todo o persoal que traballa nos PACs, inda que sexan persoal en formación ou ocasional. Debe existir un circuíto de limpeza que evite ter que levar a roupa a lavar ao domicilio persoal.
 
Despois de máis de 6 meses de reunións, na última, celebrada o 21 de setembro de 2018, o SERGAS perdeu unha oportunidade importante para clarificar aspectos que levan varios meses a ser debatidos sen chegar a ningún acordo, entre eles o xeito de computar a xornada ordinaria (obrigatoria) e a complementaria (voluntaria) e como afectan a ese cómputo os permisos e as situacións de IT do persoal.
As Organizacións Sindicais reclamamos que se mude o criterio de que “toda xornada traballada ten unha parte de ordinaria e outra de complementaria” e que se incorpore o que recolle a literalidade do acordado, separando a xornada ordinaria da complementaria e recoñecendo que a xornada complementaria é a realizada “por riba da acordada como ordinaria”.
A ordenación da xornada é fundamental para poder garantir a calidade asistencial nun dispositivo básico que ten que ofrecer atención continuada ás urxencias e emerxencias que se producen en calquera punto do noso territorio.
A irresponsabilidade da dirección do SERGAS, prolongando a solución deste conflito, non fai máis que poñer de manifesto a súa incapacidade para facer fronte aos desafíos asistenciais que temos por diante, uns relacionados coa nosa demografía e outros ocasionados pola xestión incompetente dos recursos humanos.
As Organizacións Sindicais convocantes esiximos unha resposta inmediata ás reivindicacións que levan sobre a mesa máis de seis meses para poder poñer as bases que permitan garantir unha asistencia sanitaria de calidade.
sindicatos

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto