Publicación listas provisionais contratacións diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

  • enfermeiro/a,
  • enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista de saúde mental,
  • enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria,
  • médico/a de familia,
  • médico/a de urxencias hospitalarias,
  • pediatra de atención primaria,
  • persoal de servizos xerais

Prazo de reclamacións: 10 días hábiles ( do 28 de marzo ao 10 de abril de 2019).

Aclaración: o baremo que se aplica para as listas de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o que figura na convocatoria de OPE da categoría de enfermeiro/a de 12/03/2018, no que o valor mes dos servizos prestados diminúe.

Cursos online para persoal non sanitario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Inscríbete en https://costalugoformacion.com/saude

Prezos especiais para afiliados/as

20190326 RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

20190326 MANEXO DE SITUACIÓNS DE VIOLENCIA EXTERNA EN INSTITUCIÓNS

Publicación de lugar e data de exame da fase de oposición da categoría de Auxiliar administrativo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Data: 7 de abril de 2019.
Hora: 15.30 horas.
Lugar: Recinto da Feira Internacional de Galicia, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).

O Servizo Galego de Saúde permitirá ás mulleres embarazadas ou que desen a luz, e por estes motivos estean ingresadas no mesmo día do exame, realizar os distintos exercicios da fase de oposición derivados deste proceso selectivo.

As opositoras xestantes deberán por en coñecemento da DIrección Xeral de Recursos Humanos, cunha antelación mínima de 72 horas á data de realización do exame, a situación de embarazo e a súa vontade de realizar a proba no centro sanitario para o suposto de estar ingresadas na data da súa realización.

Unicamente serán atendidas as solicitudes de desprazamento a centro sanitario pola causa exposta que consten debidamente xustificadas na Dirección Xeral de Recursos Humanos cunha antelación mínima de cinco horas á publicada no Diario Oficial de Galicia como hora de inicio das probas.
Para os efectos desta base, só se admitirá como medio válido de comunicación o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es

 

A OPE 2019 consolida a precariedade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

20190313 Panfleto OFERTA DE EMPREGO

 

 

PUNTUACIÓN DEFINITIVA DA FASE DE OPOSICIÓN

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

PUNTUACIÓN DEFINITIVA DA FASE DE OPOSICIÓN

Publícanse no DOG de hoxe as distintas Resolucións relativas á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición das seguintes categorías:

·    Médico de familia Descargar PDF

·   Enxeñeiro técnico Descargar PDF

·   Gupo técnico e Grupo de xestión da función administrativa Descargar PDF

·   Técnico superior en documentación sanitaria Descargar PDF

Coma sempre, as puntuacións definitivas poden consultarse na web do Sergas.

Os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

Publicacións plantilla de respostas provisionais do exame de celador/a

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Están publicadas na páxina web do Sergas as plantillas de respostas provisionais dos exames do concurso-oposición da categoría de celador/a, celebrados o pasado 10 de marzo.
O prazo de impugnación das preguntas é do 12 ao 18 de marzo de 2019, ambos inclusive.

 

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto