ÚLTIMAS PRAZAS. Curso online

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

ÚLTIMAS PRAZAS PARA PERSOAL SANITARIO

Curso acreditado con 4,7 créditos por SAGA e baremable nos procesos do SERGAS (listas de contratación, OPE, traslados...)

Captura curso calidade

INSCRÍBETE XA

https://forga.gal/formacion/cig-saude-2018/

Publicación relación definitiva de admitidas/os e excluídas/os, e relación provisional do ciclo de adxudicación do 2018 do concurso de traslados aberto e permanente.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS INFO

 
  • Categoría: médico/a de familia de atención primaria
  • Prazo de reclamacións: ata o 07/09/2018.
 
 

Publicación listas provisionais de contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequenoHoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos,pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Categorías:

  • facultativo/a especialista de área de Medicina do Traballo
  • facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica
  • farmacéutico/a de atención primaria
  • fisioterapeuta
  • logopeda
  • médico/a asistencial do 061
  • médico/a coordinador do 061
  • odontólogo/a de atención primaria
  • terapeuta ocupacional
  • traballador/a social.

Prazo de reclamacións: DEZ días hábiles, do 26 de xullo ao 8 de agosto de 2018.

Publicación listas provisionais contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Categorías:

-          enxeñeiro/a técnico/a,

-          grupo de xestión da función administrativa,

-          grupo técnico da función administrativa,

-          técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais,

-          técnico/a superior en prevención de riscos laborais,

-          técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información,

-          técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información  

-          técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

Prazo de reclamacións: DEZ días hábiles, do 23 de xullo ao 6 de agosto de 2018.

Encadres na carreira profesional ordinaria do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

1º ENCADRE (Réxime transitorio e excepcional de encadramento)

  • Activo (ou con reserva de praza) o 1 de xullo de 2018, no SERGAS.
  • Para o persoal con alomenos un grao de carreira profesional:
    • Servizos prestados persoal licenciado sanitario:
      • Para acceder a grao II: 12 anos
      • Para acceder a grao III: 18 anos
      • Para acceder a grao IV: 23 anos
    • Servizos prestados persoal diplomado sanitario, persoal sanitario de FP e persoal de xestión e servizos:
      • Para acceder a grao II: 12 anos
      • Para acceder a grao III: 19 anos
      • Para acceder a grao IV: 25 anos
  • Para o persoal que non teña recoñecido ningún grao de carreira profesional:
    • Acreditar un mínimo de 5 anos de servizos prestados como persoal estatutario.
    • Desta experiencia, alomenos un ano deberá ser como persoal estatutario fixo.
  • O persoal funcionario e laboral fixo incluído no ámbito de aplicación dos Decretos 447/1996 e 91/2007, poderá acceder, previa integración, ao grao I nas condicións e efectos previstos no réxime transitorio e excepcional de encadramento.
  • O recoñecemento do grao requirirá a avaliación favorable dos méritos específicos para este réxime transitorio e excepcional.
  • O pago do complemento de carreira recoñecido producirase en dúas anualidades:
    • O 60% do valor do grao no ano 2019
    • O 100% no ano 2020.

 

2º ENCADRE (Procedemento ordinario)

  • A primeira convocatoria para acceder aos graos I a IV, consonte ao procedemento ordinario, publicarase no segundo semestre do ano 2020.
  • O persoal fixo antes do 1 de decembro de 2011, quedará exonerado do requisito de permanencia no grao anterior previsto no Acordo, sempre que tivera permanecido continuadamente en situación de servizo activo e poderá solicitar xa o seguinte Grao que lle corresponda.
  • Tamén se aplica ao persoal dos modelos tradicionais de atención primaria que estea integrado funcionalmente.
  • Os criterios de avaliación serán os do procedemento ordinario.
  • O pago do complemento de carreira recoñecido producirase en dúas anualidades:
    • O 50% do valor do grao no ano 2021 
    • O 100% no ano 2022.
ENCADRE  SOLICITUDE  DATA COBRO 

 % de cobro do COMPLEMENTO ACADADO

 1º ENCADRE

(Réxime transitorio e excepcional de encadramento

 
 Segundo semestre 2018   1 xaneiro 2019  60%
 1 xaneiro 2020  100%

 2º ENCADRE

(Procedemento ordinario)

 Segundo semestre 2020  1 xaneiro 2021  50%
 1 xaneiro 2022  100%

CIG-SAÚDE apoia o documento de carreira profesional pactado na mesa sectorial do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

Despois de 8 meses de negociación na mesa sectorial, mobilizacións e folga, desde a CIG SAÚDE conseguimos superar as limitacións que había na negociación da carreira, condicionada pola acta asinada polo resto das organizacións sindicais de mesa sectorial, que non incluía ao persoal interino na carreira, condicionaba o valor económico do complemento de carreira ás dispoñibilidades orzamentarias e limitaba o acceso excepcional a un só grao retribuído.

A CIG SAÚDE soportou a intención dalgunha Organización Sindical, que pretendía que a Admón nos deixase fóra desta negociación, e que só negociase coas/os asinantes da acta. Tamén houbo de soportar unha campaña baseada en argumentos absurdos e claramente demagóxicos que xa forman parte da campaña electoral para as eleccións sindicais do 2019, sen que puidéramos observar a mesma combatividade na negociación da Carreira na Mesa Sectorial.

O logro das medidas que se recollen neste acordo é froito do traballo sindical da CIG SAÚDE e das/os traballadoras/es. O persoal, coa información que as/os delegadas/os lle facían chegar, apoiaron as mobilizacións, que en solitario convocaba a CIG SAÚDE, para que se producira unha verdadeira negociación de carreira.

Estes son os motivos polos que desde a CIG SAÚDE decidimos asinar este documento de Carreira Profesional:

  1. Por contar co apoio das/os traballadoras/es que formaron parte desta negociación coa súa participación nas mobilizacións convocadas pola CIG SAÚDE.
  2. Por conseguir negociar un único documento de carreira profesional para todas as categorías, a diferencia do réxime extraordinario, que se cobrou con anos de diferencia segundo as categorías.
  3. Por ter superado as limitacións iniciais na  negociación, que foran aceptadas nunha acta asinada polo resto de organizacións sindicais da Mesa sectorial:
    • Porque a carreira ordinaria inclúe ao persoal interino que quedaba fóra.
    • Porque o valor retributivo do grao desta carrreira é o mesmo valor que o do réxime extraordinario.
    • Porque o persoal vai acceder a 2 graos de carreira de xeito excepcional.
  4. Porque se establece un sistema de carreira ordinaria sen cupos, todo o persoal poderá acceder a carreira.
  5. Porque o SERGAS con este acordo restitúe un dos acordos suspendidos desde o ano 2010.

CIG SAÚDE recoñece que esta carreira asinada non recolle o 100% das súas reivindicacións, pero cando negociamos sabemos que é moi difícil chegar ao 100%. e pensamos que este documento asinado é un paso positivo para o conxunto de traballadoras e traballadores e para o desenvolvemento da sanidade pública do futuro.

Agora todas as organizacións apuntaranse a isto, mais agardamos que reflexionen sobre a acta que asinaron, que dificultou esta negociación.

O esforzo negociador da CIG SAÚDE  conseguiu que o SERGAS incremente a masa salarial destinada á Carreira Profesional en máis do dobre do previsto inicialmente.

Este recoñecemento ao persoal é imprescindible para poñer en valor o esforzo dos/as traballadoras ao longo destes últimos 8 anos, tanto no ámbito económico como no laboral.

Cadro do valor do grao:

Categoría profesional   Valor Grao €/ano
 Licenciado/a sanitario/a  2937,84 €
 Diplomado/a sanitario/a  1836,24 €

 A1 xestión e servizos

2364,96 € 
A2 xestión e servizos 1655,04 €
C1 xestión e servizos, sanitario de F.P.        1067,40 €

C2 xestión e servizos, sanitario de F.P.

905,88 €
E Agrupacións Profesionais 732,12 €

 

Ver acta de sinatura.

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto