CONCURSO ESPECIFICO PARA INGRESO NA CATEGORÍA DE ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA DE SAÚDE MENTAL E DO TRABALLO.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

 

 

No día de hoxe, realizouse a publicación das resolucións das distintas xerencias polas que se declaran, con caracter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, no concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista convocado pola resolución do 23 de abril de 2018 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Poden consultarse as resolucións e os listados na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/CONCURSO_ENF_ESPECIALISTA

Publicación listas provisionais admitidos/excluídos na OPE 2016-2017, e exentos da realización do exame de lingua galega, de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícanse as Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías:

 

Prazo de reclamacións: Do 2 ao 13 de xullo de 2018 (10 días hábiles).

Escrito dirixido á Unidade de validación á que dirixiron a solicitude de participación.

Publicación listas provisionais da fase de concurso da OPE do CTG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018 pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para cubrir postos de traballo da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

Categorías de:

-           médico especialista en hematoloxía e hemoterapia,

-          médico xeral,

-          técnico superior,

-          responsable de comunicación,

-          enfermeiro/a,

-          técnico especialista de laboratorio,

-          promotor da doazón,

-          auxiliar administrativo,

-          auxiliar de informática,

-          auxiliar clínica/laboratorio,

-          condutor/celador

Os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal de selección no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Listados provisionais publicados na páxina do SERGAS.

 

Información Comisión Central de Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas

 

1Previsións de publicación de listas:

Mes de xuño:

-          Listas definitivas de PSX, mecánico/a, calefactor, condutor/a, electricista e fontaneiro/a.

Mes de xullo:

-          Primeira quincena:

Listas provisionais de psicólogo/a clínico/a, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061, médico/a do traballo, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

-          Segunda quincena:

Listas provisionais de enxeñeiro/a técnico/a; grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa; técnico/a superior e técnico/a de grado medio de prevención de riscos laborais; grupo técnico, grupo de xestión e técnico superior en sistemas e tecnoloxías da información.

Mes de agosto: non haberá publicacións

Mes de setembro:

-          Listas definitivas de psicólogo/a clínico/a, farmacéutico/a de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061, médico/a do traballo, odontólogo/a de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador/a social.

-          Listas definitivas de enxeñeiro/a técnico/a; grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa; técnico/a superior e técnico/a de grado medio de prevención de riscos laborais; grupo técnico, grupo de xestión e técnico superior en sistemas e tecnoloxías da información.

            Enfermeira/a especialista en pediatría: Informan de que van a publicar as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, previsiblemente en xullo ou setembro.

Ver CIG INFORMA

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto