Noticias Persoal Traslados Nota aclaratoria do SERGAS sobre a corrección de erros da convocatoria de traslados
 
 

Nota aclaratoria do SERGAS sobre a corrección de erros da convocatoria de traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Ante a avalancha de dúbidas e preguntas que o persoal formulaba sobre a corrección de erros de traslados comunicada polo SERGAS, a CIG púxose en contacto coa dirección de Recursos Humanos para que emitiran unha nota aclaratoria sobre o tema. Non sen resistencia, aquí chega a nota aclaratoria, xusto o día en que remata o prazo inicial da convocatoria. Lembrade que só as categorías que se recollen nesta nota terán un segundo prazo:


TRASLADOS_SERGASComo nota aclaratoria á remitida por este centro directivo en relación ao concurso de traslados en tramitación informámoslle que está previsto que en próximas datas se publique no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros dos Anexos III e IV da convocatoria que afectará as categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, pediatra de atención primaria, técnico/a de anatomía patolóxica, fisioterapeuta, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico e técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

Poderán presentar solicitude de participación neste prazo todas aquelas persoas das categorías afectadas que desexen participar no concurso de traslados, tivesen ou non presentado solicitude de participación no prazo inicial.

Aqueles profesionais das categorías afectadas pola corrección, que tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, desexen modificar algún/s do/s destinos seleccionados, poderán efectualo mediante a formalización a través de Fides/expedient-e e a presentación en prazo na forma disposta na base sétima da convocatoria, dunha nova solicitude de participación, que deixará sen efecto a inicialmente presentada, e na que deberán relacionarse cada un dos destinos seleccionados e a súa nova orde de prelación. Esta solicitude non requirirá a entrega da documentación achegada xunto coa instancia inicial.

Aqueles profesionais que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionados, non terán que realizar ningunha actuación.”

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto