Noticias Persoal Contratacións Publicacións baremacións provisionais listas de contratación varias categorías
 
 

Publicacións baremacións provisionais listas de contratación varias categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

dogPublícanse hoxe as resolucións de publicación das listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os das categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e enxeñeira/o técnica/o. E as listas definitivas de admitidas/os e excluídas/os da categoría de médica/o de familia, así como os resultados provisionais de baremación:

  • Baremación provisional listas de contratación médico/a de familia. RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na categoría de médico/a de familia. Descargar PDF
  • Excluídas/os e Admitidas/os provisionais varias categorías (grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e enxeñeira/o técnica/o).RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade en diversas categorías de xestión e servizos. Descargar PDF 

Para as listas das categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e enxeñeira/o técnica/o, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días naturais contados a partir de mañá para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e direccións con competencias en xestión do persoal no suposto das entidades adscritas á Consellería de Sanidade. As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Para as listas das categorías de médica/o de familia, contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir de mañá, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.As persoas admitidas, con respecto aos resultados da baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias en xestión do persoal, no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir de mañá.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto