Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A Conselleira de Sanidade está que se sae de moderna!!!
 
 

A Conselleira de Sanidade está que se sae de moderna!!!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CONSELLEIRA DE SANIDADE DEFENDE NO PARLAMENTO A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE CO ARGUMENTO DE QUE PRIVATIZAR É UN ACTO DE MODERNIDADE

A Conselleira de Sanidade está que se sae de moderna!

O pasado mércores 12 de marzo de 2014 compareceu a Conselleira de Sanidade no Parlamento Galego para respostar unha pregunta do BNG sobre a privatización dos servizos de esterilización. É unha mágoa que os vídeos das comparecencias da Conselleira non se publiciten na web do SERGAS para que a sociedade galega puidera comprobar que o único argumento que esgrime a Sra. Conselleira para defender a privatización dos servizos sanitarios públicos é a de ser modernas.

Un discurso baleiro, cheo de imprecisións, medias verdades e louvanzas ao sector privado

Afirmou a Sra. Conselleira que quen se opoñen ás privatizacións é por que non están pola evolución e pola modernidade;  confundirá a Conselleira evolución con involución?  Segundo Rocío Mosquera vai privatizar o servizo de esterilización (xa non ocultan a súa intención) porque segundo di na privada está a eficiencia e a eficacia e o manexo da alta tecnoloxía.

Outro dos argumentos esgrimidos pola Conselleira foi que as caixas de material xa veñen esterilizadas das casas comerciais. Pode ser que isto sexa verdade, pero o que non di a Conselleira é que ante a falla de garantías de que isto sexa así, nas unidades de esterilización vólvense esterilizar, para que este material chegue cun alto estándar de calidade á/ao doente.  O material pode chegar esterilizado a 1ª vez, pero non é material dun só uso, para utilizalo nas seguintes intervencións hai que esterilizalo de novo.

Insiste a Conselleira en non dicir a verdade, explica no Parlamento que o material do Complexo Hospitalario de Santiago se esteriliza en Conxo, e con posterioridade se traslada ao CHUS. Porqué se empeña a Conselleira en dicir que o servizo de esterilización do CHUS está anulado, cando está a funcionar perfectamente? Será pola alta calidade na prestación deste servizo?

Unha mentira, por moito que a Conselleira a repita, non se converte nunha verdade.

mosquera_parlamento_2

Qué non dixo a Conselleira na súa intervención?

·         Nin unha soa palabra de recoñecemento ás/aos profesionais destas unidades ou servizos de esterilización da Sanidade Pública.

·         Nin un só dato de ningún informe técnico que avale a privatización.

·         Nin unha soa referencia aos estándares de calidade e ao recoñecemento das ISO 9001 que teñen os devanditos servizos.

Tamén se esqueceu de dicir que desde a privatización do servizo de mantemento están deixando sen reparar as avarías que se producen, caso das autoclaves do hospital do Barco, que estiveron sen reparar toda a fin de semana porque a empresa privada non enviou ningún persoal técnico para solucionar a avaría.

 

Sra. Conselleira: siga a defender as bondades da privada, non se esqueza da porta xiratoria. Siga a facerlles favores ás empresas privadas para que despois llos devolvan cunha boa xubilación, mentres a poboación queda sen Sanidade Pública e o persoal traballa cada vez en peores condicións. 

A CIG por aí non pasa!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto