Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Un novo xuízo confirma o dereito de traballadores/as da sanidade pública a percibir a parte devengada da paga extra
 
 

Un novo xuízo confirma o dereito de traballadores/as da sanidade pública a percibir a parte devengada da paga extra

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
CIG-Saúde exixe á Xunta que proceda á devolución desta cantidade a todo o persoal do SERGAS e das fundacións e empresas públicas adscritas á consellaría de Sanidade
.
O Xulgado do Contencioso Administrativo número 4 da Coruña vén de emitir unha nova sentenza que confirma o dereito das traballadoras e  traballadores do SERGAS a percibir a parte proporcional da paga extra de xullo devengada pola Xunta de Galiza. A CIG-Saúde considera que o SERGAS non pode seguir atrasando o seu pagamento ao conxunto do persoal e exixe que a faga efectiva de inmediato.

“Non é de recibo o comportamento do SERGAS como empresa, porque malia as reiteradas sentenzas xa emitidas a favor dos traballadores e traballadoras segue a negarse a efectuar o pagamento desta retribución”, explica María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde.

Abuín entende que ao igual que o persoal cumpre coas súas obrigas laborais a administración, neste caso a consellaría de Sanidade, non se debe comportar como “unha patronal á que temos que levar o xulgado para que faga efectivo o noso dereito a percibir as nosas retribucións”.

Unha vez gañada esta sentenza, a CIG-Saúde vai pedir a extensión da mesma a todos os afiliados e afiliadas da central sindical.

Ao igual que en Sanidade, as organizacións sindicais con presenza na Mesa Xeral da Función Pública de Galiza xa presentaron máis de 400 demandas pola vía do contencioso-administrativo relativas á paga extra do ano 2012 do funcionariado galego e demandan tamén da administración o pagamento da parte correspondente desa paga extra sen chegar á vía xudicial para evitar as custas derivadas.

A nova en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto