Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria O Consello da Xunta aproba un Decreto de Xestión Clínica que conta co rexeitamento maioritario de profesionais, sindicatos e poboación
 
 

O Consello da Xunta aproba un Decreto de Xestión Clínica que conta co rexeitamento maioritario de profesionais, sindicatos e poboación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Onte aprobouse no Consello da Xunta o Decreto de Xestión Clínica. Cando inda se supoñía que estaba sobre a mesa de negociación, cando onte mesmo nos envían unha mensaxe na que nos anuncian que nos van convocar para continuar a falar sobre o modelo de Xestión Clínica que se pretende implantar... resulta que xa sae o Decreto para a súa publicación en DOG. Un decreto que conta co rexeitamento case unánime de profesionais, poboación e organizacións sindicais.

Desde a CIG-Saúde remitímoslle esta mensaxe á Conselleira, á Xerenta do SERGAS e ás persoas que dirixen Recursos Humanos no SERGAS:

a_saude_non_e_negocioBo día: onte recibimos o voso correo no que nos anunciabades a aprobación polo Consello da Xunta do Decreto de Xestión Clínica. Se a mensaxe que nos queredes transmitir é que con esta aprobación o SERGAS dá por pechada a interlocución coas organizacións sindicais, e que en breve o voso decreto será publicado no DOG, desde CIG-SAÚDE daríamos por feito que esta Admón. nunca tivo intención de consensuar o documento coas organización sindicais, senón que a súa intención sempre foi a de utilizar a Xestión Clínica para facer un cambio no modelo de prestación sanitaria, e un cambio nas condicións laborais das/os profesionais. Por iso non aceptastes as nosas alegacións.

Esta Admón. cega e xorda ante as demandas dos/as seus/súas profesionais aboca á Xestión Clínica a un rotundo fracaso. Lamentamos que se perda este momento de mellorar a Sanidade Pública coa implicación de todas/os as/os traballadoras/es.

Ainda que publiquedes un decreto que é rexeitado pola maior parte das/os profesionais, non imos desistir nas nosas mobilizacións, non imos consentir que a través do decreto de Xestión Clínica impoñades un sistema retributivo arbitrario, que deixa fóra un número importante de profesionais. Non imos aceptar que modifiquedes os sistemas de selección de persoal. Non imos renunciar ao dereito que temos de negociar na Mesa Sectorial as condicións laborais do persoal do SERGAS.

Se a negociación do Decreto está pechada, non ten sentido seguir coa comisión técnica de desenvolvemento do Decreto. CIG-SAÚDE non vai participar no desenvolvemento dunha norma que consideramos lesiva para o sistema sanitario, para a poboación e para as/os traballadoras/es.

Non nos convoquedes, non imos ser cómplices do voso xogo que consiste en transmitir á opinión pública que existe una negociación coas organizacións sindiciais. Negociar é o procedemento utilizado para solucionar conflitos en prol dun interese xeral, e isto dista moito da vosa intención.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto