Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde dille a Sanidade que non participará no desenvolvemento normativo do "seu" decreto de xestión clínica
 
 

CIG-Saúde dille a Sanidade que non participará no desenvolvemento normativo do "seu" decreto de xestión clínica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Remitiu un escrito urxente á consellaría manifestando o seu rotundo rexeitamento tanto ao decreto, como á falta de negociación e a forma na que este foi aprobado
.
O Consello da Xunta aprobaba este xoves día 20 de marzo o polémico Decreto de Xestión Clínica, malia a oposición xeneralizada coa que conta este novo modelo organizativo do sistema sanitario galego. A CIG-Saúde, que xa manifestou en reiteradas ocasións a súa rotunda oposición ao mesmo, remitiu esta mañá un escrito á consellaría informando da súa decisión de non participar na Comisión Técnica creada ao efecto. Considera que “non ten sentido ningún sentar a negociar unha norma xa aprobada a pesar das numerosas alegacións presentadas, que non foron sequera escoitadas pola administración”.
13 12 10 Manifestacion A Corunha_022

Remitiu un escrito urxente á consellaría manifestando o seu rotundo rexeitamento tanto ao decreto, como á falta de negociación e a forma na que este foi aprobado

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, denuncia que o decreto foi aprobado “cando aínda se supoñía que estaba sobre a mesa de negociación e cando onte mesmo nos envían unha mensaxe na que nos anuncian que nos van convocar para continuar a falar sobre o modelo de Xestión Clínica que se pretende implantar”.

Ante isto, Abuín anuncia que a CIG-Saúde non vai ser cómplice da consellaría diante da opinión pública e, polo tanto non vai participar en negociación algunha que se convoque co obxectivo de desenvolver un Decreto como o de Xestión Clínica que considera “lesivo para o sistema sanitario, para o persoal do SERGAS e para as usuarias e usuarios”.

Para así facerllo saber á administración, a CIG-Saúde dirixiuse á conselleira de Sanidade, á Xerenta do SERGAS, á Directora de Recursos Humanos e ao Director de Asistencia Sanitaria. Reproducimos de seguido, polo seu interese, o contido desta comunicación

Bo día,

Onte recibimos o voso correo no que nos anunciabades a aprobación polo Consello da Xunta do Decreto de Xestión Clínica. Se a mensaxe que nos queredes transmitir é que con esta aprobación o SERGAS dá por pechada a interlocución coas organizacións sindicais, e que en breve o voso decreto será publicado no DOG, desde CIG-SAÚDE daríamos por feito que esta Administración. nunca tivo intención de consensuar o documento coas organización sindicais, senón que a súa intención sempre foi a de utilizar a Xestión Clínica para facer un cambio no modelo de prestación sanitaria, e un cambio nas condicións laborais das/os profesionais. Por iso non aceptastes as nosas alegacións.

Esta Admón. cega e xorda ante as demandas dos/as seus/súas profesionais aboca á Xestión Clínica a un rotundo fracaso. Lamentamos que se perda este momento de mellorar a Sanidade Pública coa implicación de todas/os as/os traballadoras/es.

Aínda que publiquedes un decreto que é rexeitado pola maior parte das/os profesionais, non imos desistir nas nosas mobilizacións, non imos consentir que a través do decreto de Xestión Clínica impoñades un sistema retributivo arbitrario, que deixa fóra un número importante de profesionais. Non imos aceptar que modifiquedes os sistemas de selección de persoal. Non imos renunciar ao dereito que temos de negociar na Mesa Sectorial as condicións laborais do persoal do SERGAS.

Se a negociación do Decreto está pechada, non ten sentido seguir coa comisión técnica de desenvolvemento do Decreto. CIG-SAÚDE non vai participar no desenvolvemento dunha norma que consideramos lesiva para o sistema sanitario, para a poboación e para as/os traballadoras/es.

Non nos convoquedes, non imos ser cómplices do voso xogo que consiste en transmitir á opinión pública que existe una negociación coas organizacións sindiciais. Negociar é o procedemento utilizado para solucionar conflitos en prol dun interese xeral, e isto dista moito da vosa intención.

A nova en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto