Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde exixe ao Ministerio de Sanidade que presente a proposta sobre xestión clínica no Foro Marco para o Diálogo Social
 
 

CIG-Saúde exixe ao Ministerio de Sanidade que presente a proposta sobre xestión clínica no Foro Marco para o Diálogo Social

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Lembra que é nesa Mesa onde se deben negociar os contidos da normativa básica relativa ao persoal estatutario
.
A CIG-Saúde vén de remitir unha carta dirixida á Ministra de Sanidade, Ana Mato, reclamando a convocatoria do Foro Marco para o Diálogo Social. Lembra que o Ministerio ten a obriga de respectar a lexislación vixente e que, ao igual que lle fixo chegar a proposta sobre a xestión clínica ao Foro Médico, ten que llo remitir tamén ás organizacións sindicais que forman parte do devandito Foro.

A CIG-Saúde tivo coñecemento, a través das informacións publicadas en medios de comunicación do ámbito sanitario de que, neste intre, existe unha boa sintonía entre o Ministerio e o Foro Médico para acadar un acordo sobre a xestión clínica. Do mesmo xeito soubo que o Foro xa ten no seu poder a proposta do Ministerio, situación confirmada en declaracións polo secretario xeral de CESM.

A CIG-Saúde lembra a Ana Mato que, en reiterados escritos, dirixiuse ao Ministerio para lembrarlle a obriga que ten de respectar a lexislación vixente, facendo referencia expresa á Lei 55/2003, de 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Esa Lei, no seu artigo 11 recolle sobre o Foro Marco para o Diálogo Social que:

“4. O Ministerio de Sanidade e Consumo constituirá un ámbito de negociación, para o cal convocará as organizacións sindicais representadas no Foro Marco para o Diálogo Social  a fin de negociar os contidos da normativa básica relativa ao persoal estatutario”.

Por iso, na carta remitida á Ministra, denuncia que tanto desde o goberno do PP como desde o Ministerio “existen unhas ansias de usurpación da negociación, á marxe dos órganos lexítimos de representación creando novos foros de participación con carácter de órganos de negociación, non respectando as competencias das CCAA”.

En consecuencia a CIG-Saúde exixe que se respecte este órgano de representación e que sexa enviado ás organizacións sindicais que lexitimamente forman parte do Foro Marco, o documento sobre xestión clínica que lle fixeron chegar ao Foro Médico. “De non facelo, verémonos obrigadas a recorrer a aqueles ámbitos administrativos ou xudiciais que sexan precisos para facer valer a lexislación vixente”, advirte.

Xunto a isto conclúe que “nun estado democrático non é de recibo que ningún goberno elimine da interlocución e da negociación ás organizacións sindicais elixidas democraticamente polas/os traballadoras/es”.

A nova en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto