Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A CIG-Saúde acusa ao portavoz do PP na comisión de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, de mentir sobre o peche de camas
 
 

A CIG-Saúde acusa ao portavoz do PP na comisión de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, de mentir sobre o peche de camas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

María Xosé Abuín afirma con absoluta rotundidade que “é falso” que exista acordo ningún cos sindicatos de peche de camas a cambio de vacacións

A CIG-Saúde considera “inadmisíbeis” as declaracións do portavoz do grupo parlamentario do PP na comisión de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, ao que acusa de “mentir” sobre as razóns polas que se pechan as camas para “eludir a responsabilidade do PP na nefasta política sanitaria que están a facer”. Núñez Centeno responsabilizou, en sede parlamentaria, a traballadoras/es do peche de camas por ter un mes de vacacións e aos sindicatos de asinar un acordo para que, a cambio dese mes de vacacións se levara a cabo ese peche. “ É absolutamente falso. Nunca existiu acordo algún deste tipo entre os sindicatos e o SERGAS” afirma con rotundidade María Xosé Abuín.

camasA secretaria nacional de CIG-Saúde cualifica a Núñez Centeno de “ignorante” porque se, cando menos, comprobara os acordos asinados entre as organizacións sindicais e o SERGAS podería comprobar que o persoal que traballa no Servizo galego de Saúde goza dun mes de vacacións que se inclúe nun calendario de rotación que vai de xuño a setembro. “Só nos imos de vacacións o 25% de persoal cada mes, por iso non está xustificado ese peche de camas”.

A isto Abuín engade que “é un dereito de todo traballador e traballadora gozar dun mes de vacacións e é responsabilidade da administración substituír a ese persoal polos compañeiros/as –profesionais altamente cualificados para o desempeño da actividade normal- inscritos nas listaxes de contratación do SERGAS, para garantir o normal desenvolvemento da actividade e dar cobertura ás necesidades asistenciais”.

A secretaria nacional de CIG-Saúde considera que “se este deputado, como é a súa obriga, se documentase a través da páxina web do SERGAS ou do DOG daría unha información veraz e non se dedicaría a manipular a información coa intención de desprestixiar ao persoal do Servizo Galego de Saúde”.

A CIG-Saúde achega, a  modo de exemplo, dous cadros nos que se recolle, no primeiro o Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS cos datos da convocatoria de Oposición de Facultativos/as de Hospitais. Uns datos que constatan que efectivamente hai facultativos/as sobradamente cualificados/as para facer as substitucións necesarias de especialistas.

No segundo cadro recóllense dous exemplos de enfermeiros/as e celadores/as que están inscritos/as nas listaxes de contratación que se confeccionaron ao abeiro do pacto de selección temporal publicado no DOG de maio de 2012. As listas estanse publicando agora e nas mesmas figuran os efectivos dispoñíbeis para facer as substitucións nestas categorías. “Este persoal non vai ter nin un só contrato neste ano”.

A CIG-Saúde recoméndalle ademais a Núñez Centeno que “para falar das alteracións na saúde de doentes crónicos/as durante o período estival se asesore con persoal facultativo en vez de poñerse en evidencia demostrando o seu absoluto descoñecemento da realidade”.

A CIG-Saúde reitera, en consecuencia, a falsidade das acusacións do deputado do PP e mesmo se pregunta que sentido tería estar a denunciar o peche de camas e a mobilizar o persoal de existir un acordo semellante coas organizacións sindicais.

Plan de ordenación de RR HH SERGAS. DOG 13 DE DECEMBRO DE 2013

Convocatoria de OPE FACULTATIVOS HOS PITAIS.

ASPIRANTES PRESENTADOS 1029.   Prazas ofertadas 91

Especialidades

Aspirantes presentados/as

Prazas ofertadas

Desemprego

 Anestesia e Reanimación

133

12

121

Aparello dixestivo

45

9

36

Cardioloxía

46

5

41

Cirurxía Ortopédica e traumatoloxía

76

6

70

Cirurxía Xeral. Aparello dixestivo

97

10

87

Medicina Intensiva

56

4

52

Medicina Interna

164

13

151

TOTAL DESEMPREGADOS

558

            Listaxes de contratacións vixentes. Pacto contratacións. DOG luns 9 de maio 2011.

Listaxes vixente de persoal inscrito.

Categoría

ENFERMEIRAS/OS

Celadoras/es

A CORUÑA

1524

871

FERROL

488

372

LUGO

784

689

OURENSE

691

544

PONTEVEDRA

516

630

SANTIAGO

1088

794

VIGO

1503

986

 

A nova en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto