Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria O SERGAS destrúe probas diagnósticas e con elas o historial clínico das/os doentes para aforrar
 
 

O SERGAS destrúe probas diagnósticas e con elas o historial clínico das/os doentes para aforrar

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
CIG-Saúde demanda a intervención do Valedor para que se determine se é unha decisión contraria á normativa vixente
.
A CIG-Saúde vén de solicitar do Valedor que realice as actuacións pertinentes para que se determine se a medida adoptada polo SERGAS de destruír probas diagnósticas é contraria á normativa vixente. Denuncia que na Área de Xestión Integrada de Lugo, que abrangue as áreas sanitarias de Lugo, Monforte e Burela, non están dispoñíbeis nin as exploracións radiolóxicas, nin o respectivo informe clínico e que desde o Hospital da Costa (Burela) informouse ás/aos profesionais que decidiran queimalas porque dixitalizalas saía moi caro.

10313541_799144986776042_3476610312122709275_nAs/os profesionais do hospital da Costa informaron á CIG-Saúde de que a destrución das probas radiodiagnósticas foi comunicada polo Xerente da EOXI de Lugo,  SR. Quintans, nunha xuntanza que mantivo cos xefes de unidade e servizo dos FEAS neste hospital. Unha xuntanza na que se lles explicou que inicialmente estaba previsto dixitalizar estas probas pero que, como saía moi caro, finalmente decidiran queimalas, deixando ao persoal facultativo sen acceso aos arquivos históricos dos/as doentes.

A CIG-Saúde considera que a valoración continuada dun proceso asistencial é fundamental para que o persoal facultativo poida facer un traballo de calidade e segundo a interpretación que fai da normativa vixente, “non se pode destruír ningunha documentación ou proba clínica, máxime cando o proceso segue sometido a revisión médica”.

A federación tamén recibiu información de que no hospital do Barbanza (Riberia) tamén se levou a cabo  a medida de destruír probas diagnóstica.

Entenden que isto provoca unha situación de desprotección nas/os doentes, ao non poder ter completo o seu historial médico, “só por causa de que a administración sanitaria quer aforrar, sen valorar as consecuencias negativas desta medida”.

Lembra que en Galiza o historial clínico está lexislado pola Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica das/os pacientes.

Esta lei recolle no seu artigo 20.- Conservación, que:

1.-A historia clínica deberá conservarse en condicións que garantan a preservación da información asistencial que contén, aínda que non se manteña no soporte orixinal no que se xerou, coas cautelas que se establezan regulamentariamente para evitar a manipulación de datos cando non se manteña o devandito soporte orixinal.

2.-Conservarase indefinidamente a seguinte información:

-Informes de alta.

-Follas de consentimento informado.

-Follas de alta voluntaria.

-Informes cirúrxicos e/ou rexistros de parto.

-Informes de anestesia.

-Informes de exploracións complementarias.

-Informes de necropsia.

-Folla de evolución e de planificación de coidados de enfermería.

-Outros informes médicos.

-Calquera outra información que se considere relevante para efectos asistenciais,

preventivos, epidemiolóxicos ou de investigación.

-A información daquelas historias clínicas nas que a conservación sexa procedente por razóns xudiciais.

3.-O resto da información conservarase, como mínimo, ata que transcorran cinco anos desde a última asistencia prestada ó paciente ou desde o seu falecemento.

Do mesmo xeito, o DECRETO 29/2009, de 5 de febreiro, polo que se regula  o uso e acceso á historia clínica electrónica, na súa disposición transitoria primeira estabelece que “a historia clínica en soporte papel coexistirá coa historia clínica electrónica en tanto non se produza a dixitalización do sistema de documentación clínica actualmente existente".

A nova en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto