Noticias Persoal Outras novas Case o 10% das solicitudes de Carreira Profesional foron desfavorables
 
 

Case o 10% das solicitudes de Carreira Profesional foron desfavorables

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

asustadisimo_co_logo_do_sergas_ao_fondoNa xuntanza da comisión de seguimento da Carreira Profesional de Xestión e Servizos e Sanitarios de Formación Profesional o Sergas informou de que houbo 5121 Resolucións favorables e 496 desfavorables, e dicir, case o 10% do total das presentadas, delas, 162 con avaliación desfavorable e 55 que non teñen o ámbito de aplicación(funcionarios). As restantes por non teren o tempo necesario.

 

Unha das cuestións de tantas avaliacións desfavorabeis foi o criterio utilizado para a baremación dos cursos de formación anteriores ao ano 2002. O Sergas, neste asunto, inventou un criterio que non ten nada que ver co negociado e publicado no DOG no seu momento. Decide o SERGAS que o acordado non vale para Auxiliares Administrativos, Celadores e Auxiliares de Enfermaría, argumentando que estas categorías tiveron suficiente oferta formativa e polo tanto non hai que acudir a unha formación anterior ao ano 2002. A esta medida opúxose toda a comisión de seguimento, pero o SERGAS, non cambiou o criterio. 

 

A única posible solución para as persoas afectadas por isto(según o Sergas 46 persoas) é a presentación en vía de Recurso da documentación que acredite o seu compromiso coa organización, ou sexa un papel asinado pola xerencia correspondiente no que poña que dita persoa participou nalgún protocolo que supón un compromiso coa organización.

 

Como CIG-Saúde denunciamos este criterio do Sergas e informámoslles as persoas para que presenten os recursos, en base ao acordado no DOG, e ao mesmo tempo, se consiguen o Compromiso coa Organización o presenten tamén.

 

Unha vez máis, o Sergas cébase coas persoas que teñen o salario máis baixo no sistema, a parte que vulnera a norma cunha interpretación totalmente subxetiva.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto