Noticias Persoal Traslados CIG-SAÚDE demanda do SERGAS unha convocatoria co 100% das prazas a concurso de traslados e a OPE
 
 

CIG-SAÚDE demanda do SERGAS unha convocatoria co 100% das prazas a concurso de traslados e a OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Os Plans de Ordenación de RRHH presentados na Mesa Sectorial no ano 2010 e 2013 recollen, na súa totalidade, que o número de traballadoras/es fixas/os que se van xubilar neste período é de 859 traballadoras/es de xestión e servizos, polo que o número de prazas a convocar neste concurso debería ser a suma das 859 máis as que se atopan ocupadas por persoal interino, o que conlevaría unha oferta de prazas moi superior á presentada polo SERGAS.

100X100_PRAZASNo Plan de Ordenación do ano 2010 a Administración recolle que a Mesa Sectorial será informada das reclasificacións que se fagan no cadros de persoal do SERGAS. Agora a Administración aproveita este concurso de traslados para reclasificar as prazas sen información previa. Nin sequera están a cumprir a normas que publican.

Non existe un criterio homoxéneo nas xerencias á hora de convocar as prazas. A impresión que temos na CIG-SAÚDE desta convocatoria é que RRHH do SERGAS toma a decisión de convocar un número x de prazas neste concurso, e reparte esa cifra entre as xerencias.

Non é de recibo que unha Administración Pública convoque un concurso de traslados pensando no interese das empresas privadas que, co beneplácito da Consellaría de Sanidade, se van lucrar a costa do Sistema Sanitario Público. Por iso, para preservar o interese das privadas, neste concurso non se convocan as prazas dos servizos en trámite de privatizar.

Con este criterio de non dotar de persoal fixo os cadros de persoal destes servizos, o obxectivo do SERGAS é poder facilitar o despedimento do persoal interino que na actualidade está a cubrir estas prazas, para que cando chegue a privada, poida cubrir estes postos con traballadoras/es con salarios marcados pola reforma laboral.

Tampouco entendemos por qué, se nesta convocatoria se ofertan a prazas ocupadas por persoal fixo que está en promoción interna, non se ofertan as prazas de promoción interna do persoal estatutario das Fundacións.

Desde CIG-SAÚDE non podemos máis que denunciar que o SERGAS está a convocar un concurso de traslados baseado en dous criterios: coma 1º criterio amortizar prazas de traballadoras/es públicos,  e coma 2º criterio beneficiar os intereses das empresas privadas.  

A CIG-SAÚDE exixe que se convoque un concurso de traslados de persoal de Xestión e Servizos co 100% das prazas: as prazas cubertas por interinas/os e as prazas vacantes por xubilacións non cubertas.  E que con posterioridade estas prazas sexan ofertadas nunha convocatoria de OPE (oferta pública de emprego).

Queremos volverlle lembrar a esta Administración:

COA CIG-SAÚDE NON CONTEDES PARA ESTE PARIPÉ!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto