Noticias Persoal Outras novas Auxiliares de Psiquiatría: unha fonte de coñecemento e experiencia profesional na atención ás/aos doentes de Saúde Mental
 
 

Auxiliares de Psiquiatría: unha fonte de coñecemento e experiencia profesional na atención ás/aos doentes de Saúde Mental

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

datos-sobre-el-cerebroNo ano 1996 publicase o Decreto 447/96 de Integración no Réxime Estatutario do Persoal das Corporacións Locais, despois dunha negociación na Mesa Sectorial apoiada por todas as organizacións sindicais .

Tanto no Decreto como na Orde de Integración a Administración sanitaria e as organizacións sindicais, puxemos en valor o traballo do colectivo das/os Auxiliares de Psiquiatría, e o seu papel nos coidados dos/as doentes de saúde mental.

Para isto, creouse un posto específico de “Técnicos/as en Coidados Auxiliares de Enfermaría en Funcións de Saúde Mental” e así aparece na orde de confección de nóminas da Xunta de Galiza.

Agora as xerencias, avaladas polo SERGAS, non respectan os acordos de Mesa Sectorial, nin a súa normativa, e mobilizan a este persoal a unidades de hospitalización: urxencias de adultos...

Para esta Administración a calidade na asistencia a doentes de saúde mental e ao resto de doentes, a experiencia profesional, o respecto aos dereitos laborais, non forma parte da súa programación. A saúde mental é a gran esquecida deste goberno.

Que pretende a Administración? Como a súa intención é seguir pechando unidades de saúde mental, está a iniciar o camiño para trasladar este persoal (Auxiliares de Psiquiatría) forzosamente a outras unidades de hospitalización.

A quen afecta isto? A todo o persoal que ten unha resolución da dirección Xeral de RRHH do SERGAS recoñecéndolle o posto de traballo como Auxiliar en Funcións de Saúde Mental, e que como consecuencia disto percibe as súas retribucións, segundo a Orde de nóminas do persoal da Xunta de Galiza como: S-C2-06 TCO. EN COIDADOS AUX. DE ENFERMARÍA . FUNCIÓNS SAÚDE MENTAL.

Este persoal leva máis de 30 anos prestando servizos nas unidades de saúde mental dos centros hospitalarios procedentes de: Conxo (Santiago), Toén (Ourense), Hospital provincial (Pontevedra) e Hospital Rebullón e Nicolás Peña (Vigo).

Na CIG-SAÚDE non imos consentir este atropelo aos dereitos dos/as doentes e das/os profesionais. Exiximos un respecto absoluto aos acordos asinados na Mesa Sectorial entre a Administración Sanitaria e as organizacións sindicais.


Non lle permitamos ao SERGAS que empeore día a día a calidade asistencial!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto