Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde exixe á Conselleira o rescate do servizo de mantemento e a recuperación da xestión directa do mesmo
 
 

CIG-Saúde exixe á Conselleira o rescate do servizo de mantemento e a recuperación da xestión directa do mesmo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CIG-Saúde ven de remitir este escrito á Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, exixíndolle a inmediata rescisión do contrato coa empresa IBERMAN.S.A., concesionaria do servizo de mantemento, e a recuperación da xestión directa desta prestación, despois das numerosas denuncias que levamos feito sobre as deficiencias, atrasos na solución de problemas que xeran cancelación de citas e mesmo aparatos sen as suficientes garantías que poñen en risco a calidade da asistencia, ou a asistencia mesma. Tamén diversos directivos de centros sanitarios teñen amosado a súa preocupación por este problema, e tamén lla teñen trasladado á Conselleira, que, a estas alturas, segue sen tomar cartas no asunto, e o único que fai é apremar ás xerencias para que fagan os pagos correspondentes a esta empresa.

Desde a CIG-Saúde exixímoslle á Conselleira que asuma a súa responsabilidade, e que se de verdade é tan defensora da Sanidade Pública como di ser, asuma que non hai outra solución que a recuperación para o servizo público desta prestación.

Agardamos que dunha vez por todas se actúe con responsabilidade e sen poñer en risco a asistencia sanitaria.

A nova en Avantar.

 

Captura

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto