Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A ausencia de laboratorio central incrementará a mortalidade no novo hospital de Vigo
 
 

A ausencia de laboratorio central incrementará a mortalidade no novo hospital de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Xunta de Persoal voltou a se manifestar polas rúas de Vigo para reivindicar un laboratorio central no hospital de Beade.
A loita en prol da construción dun laboratorio central para o novo hospital de Vigo, que se está a construir na parroquia de Beade, continuou este martes 29 de xullo cunha manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria. Denuncian que a centralización desta importante infraestrutura no Meixoeiro, situado a 11 quilómetros, aumentará os tempos de resposta e suporá o incremento da mortalidade dos doentes
2014 07 29 Laboratorio Vigo 000

Para as e os profesionais do CHUVI, a ausencia de laboratorio no novo hospital de Vigo responde ás intencións privatizadoras do Partido Popular, que pretende delegar en concesións privadas un servizo centralizado no Hospital do Meixoeiro. Porén, e segundo as e os especialistas, o incremento nos tempos de resposta ao ter que trasladar as mostras 11 quilómetros vai repercutir directamente na efectividade dos tratamentos, supondo un medre na hospitalización e unha “maior morbilidade e mortalidade”.

Así, e segundo declarou un adxunto do departamento de Microbioloxía, o modelo proposto vai impedir o procesamento a tempo do 20% de mostras que precisan incorporarse antes de 15 minutos desde a súa extracción. En casos como as infeccións de sangue por bacterias -a sepse- a mortalidade podería incrementarse do 30 ao 65% “se non se está ao lado do doente”.

Os profesionais puxeron en dúbida, ademais, os argumentos esgrimidos polo SERGAS da “falla de espazo físico” no planeamento das obras, contrapóndoos a informes científicos que avalan a necesidade desta infraestrutura no novo hospital. Puxeron en dúbida, ademais, que a Xunta estea a valorar adecuadamente os riscos dun planeamento “de xestión” fronte “o criterio médico” proposto polos profesionais.

Moción no Concello

Coincidindo coa protesta, unha hematóloga defendeu perante o Pleno do Concello de Vigo unha moción dirixida á Xunta que reivindica a necesidade do laboratorio no novo hospital. A resolución contou co apoio de BNG e PSOE, asbténdose o grupo Popular.

Represalias contra as reivindicacións

Por outra parte, a Xunta de Persoal denunciou nunha nota as represalias levadas a cabo pola xerencia do CHUVI contra dúas analistas do laboratorio, que foron relegadas nas súas funcións e ameazadas polo feito de se manifestaren contra os planos privatizadores da Xunta. “Pretenden amedrentar os profesionais que as manifestacións teñan a menor repercusión posíbel nos medios”, declararon.

Apesar disto, aseguran que as mobilizacións continuarán até lograr o seu obxectivo, convocando novas protestas os próximos días 5 de agosto ás 11 no Meixoeiro e o 12 no Xeral.

A nova en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto