Noticias Outras novas Mobilizacións A CIG anima a participar nas concentracións convocadas en repulsa do último asasinato por violencia machista
 
 

A CIG anima a participar nas concentracións convocadas en repulsa do último asasinato por violencia machista

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Desde a CIG facemos un chamamento a participar activamente nas concentracións convocadas para mañá xoves 31 de xullo en distintos puntos do país, contra a violencia machista, logo de coñecermos o asasinato da galega Sara Fernández Camiña a mans do seu marido en Pazos de Borbén.
 
Seis galegas mortas no que vai de ano. Non podemos ficar impasíbeis ante esta situación, por iso, a CIG fai un chamamento a participar activamente nos actos convocados para amosar a repulsa ante este feminicidio.
 

CONCENTRACIÓNS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA xoves 31 de xullo de 2014:

 
Compostela: Porta do Camiño, 20 horas
Vigo: no Marco, 20 horas
Ferrol: Praza do Concello, 20 horas
Ourense: 20 h na Subdelegación do Governo
A Coruña: Obelisco, ás 20 h 

A concentración debe ser tamén unha denuncia á pasividade do goberno da Xunta de Galiza e do goberno do estado español ante as mortes, que máis aló dos minutos de silencio institucional, non son quen de garantir a seguridade ás mulleres que denuncian, evitando que o maltratador se achegue ás vítimas (incluíndo como tales aos fillos e fillas), de facilitar que denuncien as que aínda non foron quen de  dar o paso, tramitando as axudas económicas desde o momento no que se solicitan (e non durante uns meses ao ano), e facendo un seguimento real de todo o proceso desde que se produce a denuncia até que se dita sentenza (e mesmo despois).
 
Uns gobernos que gastan cartos públicos en entidades ultraconservadoras, que lexislan contra os dereitos das mulleres, que pretenden impedirlles que poidan ter dereito sobre os seus propios corpos, decidir sobre a súa maternidade, que recortan en servizos públicos, sociais e de saúde, que soben as taxas para acceder á xustiza, no canto de dotar de orzamentos suficientes ás políticas de igualdade e ás de prevención e actuación en violencia de xénero.
 
Tamén denunciamos o tratamento informativo que, por ter como protagonistas ás mulleres, se lles dá as mortas, de xeito diferente ao de calquera outro asasinato, buscando a xustificación nas condutas dos asasinos que non se buscan noutros casos, denominando "violencia doméstica" cando deberan definila como o que é: violencia de xénero, violencia contra as mulleres, en definitiva, terrorismo machista.
 
NINGUNHA AGRESIÓN! NINGUNHA MORTE SEN RESPOSTA! 
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto