Noticias Persoal OPE Información sobre a Comisión Técnica de OPE
 
 

Información sobre a Comisión Técnica de OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Onte celebrouse unha Comisión Técnica de OPE sobre a Oferta de Emprego para Medicina de Familia e Persoal de Enfermaría, a que nós chamamos OPE da miseria, pola escaseza de prazas e de categorías que se ofertan. Seguimos insistindo: convocatoria de OPE co 100% das prazas e para o 100% de categorías!

Velaquí o resumo desa reunión:

COMISIÓN TÉCNICA DE OPE DO 30 DE XULLO DE 2014

Presentóusenos o borrador das convocatorias de OPE das categorías de Médica/o de Familia e Enfermeira/o.

As convocatorias van integrar as bases, os temarios e o baremo. Ábrese un prazo para alegacións ata o 10 de setembro coa intención de publicar as convocatorias en outubro unha vez se aproben en Mesa Sectorial.

Médico/a de familia. Novidades expostas da convocatoria.

  • Ao igual que nas convocatorias de FEAs e MUH, o proceso de inscrición e presentación de méritos, farase a través do FIDES.
  • Un 5% das prazas ofertaranse pola quenda de discapacidade, un total de 2 prazas.
  • 50% das prazas ofertaranse pola quenda de promoción interna. As prazas que non se cubran por esta quenda, pasarán á quenda libre.
  • Claréxannos que unha vez rematado o prazo de inscrición, non se admitirá a inclusión de novos méritos, soamente a subsanación de erros.
  • Baremos: como norma xeral, propoñen un baremo na liña do empregado para a OPE de FEAs e MUH.

Enfermeira/o. Novidades expostas da convocatoria.

  • O proceso de inscrición e presentación de méritos farase a través do FIDES.
  • Claréxannos que unha vez rematado o prazo de inscrición, non se admitirá a inclusión de novos méritos, soamente a subsanación de erros.
  • Un 5% das prazas ofertaranse pola quenda de discapacidade, un total de 7 prazas.
  • 50% das prazas ofertaranse pola quenda de promoción interna. As prazas que non se cubran por esta quenda, pasarán á quenda libre.
  • Propoñen unha modificación de temarios con respecto ao anterior.
  • No baremo, no apartado de Formación Académica incorpórase  a formación Posgrao.

Dende CIG-SAÚDE esiximos a convocatoria do 100% das prazas vacantes. Tamén reiteramos a necesidade de convocar un grupo de traballo para valorar de xeito xeral todos os baremos e ver qué cousas son modificábeis, para non andar con modificacións puntuais e unilaterais con cada convocatoria que non entran no fondo dos problemas de baremo.

Infórmannos tamén de que previsiblemente en setembro-outubro publicarán as listas provisionais de baremación do concurso de traslados de persoal sanitario.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto