Noticias Persoal Traslados Información Traslados
 
 

Información Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Na reunión de traslados de hoxe, para empezar, a Administración nin sequera traía os deberes feitos: só achegou as prazas que pensan sacar de licenciad@s de Atención Primaria (médic@s de familia, odontólog@s, farmacéutic@s e pediatras). Podedes decargar o cadro de prazas abaixo.573-78970-a-traslados

 

Sobre o borrador fixéronse varias alegacións: Como CIG volvimos solicitar que se nos clarificara cómo van baremar á xente de Atención Continuada e a resposta foi que só se baremarán os servizos prestados ás persoas que teñen sentenza e nela se recolle expresamente que a Alta Continuada será computada a efectos de servizos prestados.

 

Sobre as prazas:

  • Os criterios que o SERGAS nos indica que manexou para sacar as prazas de licenciad@s de Primaria foron os que seguen:
  1. Para Médic@s de Familia, sacan a traslados o 100% das prazas de ordinaria, e o resto en PACS proporcionalmente ata cubrir o total de prazas ofertadas a OPE.
  2. Para odontólog@s usan un criterio distinto: antigüidade no posto, de xeito que convocan as prazas que están cubertas desde hai menos tempo.
  3. Para pediatras: o criterio é a necesidade asistencial de cobertura, polo grande problema que teñen á hora de atopar efectivos que cubran certas prazas que son as que sacan.
  • Desde a CIG solicitamos que se renove o acordo de 2006 polo que se facían listas de vinculacións de FEAS segundo o resultado da OPE.

En canto ao resto de prazas que faltan, comentan que posíblemente as terán para mediados de semana e que as enviarán, o máis seguro o mércores. Falarase na próxima reunión, que quedou para o martes 18.

  

♦ Prazas a traslados de licenciad@s de Atención Primaria.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto