Inicio
 
 

Celador@s: cualificación necesaria, categoría imprescindible

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Os últimos acontecementos que se están a producir como son a negativa do Ministerio de Sanidade á aceptar o NIVEL 2 e a ubicación na FAMILIA SANITARIA, xunto coa negativa do SERGAS á dotar de CELADORES as antigas fundacións (CEE e Barbanza) obrigan á CIG-Saúde realizar unha aposta por esta categoría. 

 

CUALIFICACIÓN
CIG-SAÚDE solicitará á CONSELLERÍA DE TRABALLO que aposte por esta categoría, presentándolle un informe de cualificación que contén dous aspectos fundamentais:

  1. NIVEL 2
  2. FAMILIA SANITARIA

QUÉ NECESITAMOS

* Unha celadora ou celador con competencia en actividades concretas, con autonomía propia, capacidade para usar instrumentos e técnicas propias e con coñecementos técnicos e científicos inherentes á sua actividade.

* Que Galiza asuma as súas responsabilidades e avance na Cualificación Profesional que CIG-Saúde lle propón.

 

CATEGORÍA

No tocante á este aspecto, para CIG-Saúde a categoría de celadora/celador resulta insustituible no sistema sanitario e esixímoslle ao Sergas a cobertura inmediata das vacantes de CEE e Barbanza xunto coa consolidación como emprego fixo das prazas do Salnés, hoxe ocupadas por persoal temporal.

Alertamos do peligro que a día de hoxe hai para a eliminación de prazas desta cetegoría en todo o Sistema Nacional de Saúde, en función dos distintos modelos de creación de hospitais que se están levando a cabo (financiación privada) que levan aparellada a desaparición da categoría, co empeoramento de todo o sistema en xeral.

 

QUÉ NECESITAMOS

Que o Sergas oferte as prazas necesarias desta categoría naqueles centros onde hoxe non existen, para que cumpran coa sua competencia xeral de: “Realizar a mobilización e traslado dos/das usuarios/as e/ou pacientes dun centro sanitario, e a ordenación e traslado de documentos e materiais do mesmo, utilizando as técnicas, equipos e materiais accesorios, baixo a supervisión do persoal correspondente, para garantir a integridade e seguridade dos/das usuarios/as e/ou pacientes, cumprindo cos protocolos e/ou normativa aplicable nos centros sanitairos.”

Se isto non é asumido por esta categoría o hospital estará en peores condicións para ofrecer unha asistencia sanitaria digna.

ESTAR CUALIFICADO É GARANTÍA DOS POSTOS DE TRABALLO
PARTICIPA  NAS ASEMBLEAS CONVOCADAS POR CIG-SAÚDE E MOBILÍZATE APOIANDO AS SUAS DEMANDAS

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto