Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A CIG chama á unidade sindical para unha convocatoria de folga xeral contra as medidas adoptadas polo goberno
 
 

A CIG chama á unidade sindical para unha convocatoria de folga xeral contra as medidas adoptadas polo goberno

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Noticia extraida de Avantar:

Roldas_de_Prensa.preview

A Confederación Intersindical Galega vén de anunciar en rolda de prensa -na que alén do Secretario Xeral, Suso Seixo, estaban as secretarias nacionais das federacións de Administración Pública, María do Carme López Santamariña, e Saúde, María Xosé Abuín, xunto co secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao- que ten convocado para o vindeiro martes día 18 de maio, ás 11:00 horas a todas as centrais sindicais, para abordar unha resposta conxunta e contundente ás medidas que vén de facer públicas o goberno. A CIG entende que é necesaria a mobilización e a unidade sindical para frear a imposición destas medidas e que se debe camiñar cara unha folga xeral que ten que facerse extensiva a todos os sectores, dado o seu carácter regresivo e antisocial, e non limitarse á área pública.

 

 

Alén da xuntanza prevista para o vindeiro martes, a CIG anuncia a convocatoria de concentracións nas sete cidades para o vindeiro día 20 de maio, coincidindo co debate, no Congreso dos deputados, das medidas presentadas polo presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero.

Xunto a iso e como organización sindical maioritaria no ámbito da administración, anuncia a convocatoria de folga para o día 2 de xuño, na área pública (Administración, Saúde e Ensino), e unha manifestación nacional, ese mesmo día, en Compostela.

A rolda de prensa producíase logo dunha xuntanza das executivas das federacións de Administración Pública, Saúde e Ensino, convocada para analizar as repercusións que as medidas presentadas o pasado mércores terán para os empregados e empregadas da área pública, pero tamén para o conxunto da clase traballadora.

Na súa comparecencia, Suso Seixo salientou a gravidade da situación e lembrou que a CIG xa manifestara as súas críticas por considerar que desde o goberno non se estaban a adoptar medidas dirixidas a frear a crise económica e que esta se saldara de forma positiva para a clase traballadora.

María do Carme López Santamariña, secretaria nacional da Federación de Administración Pública, salientou a necesidade de que se dea a “máis contundente contestación” a estas medidas e fixo un chamamento á unidade sindical para que isto sexa posíbel.

A este respecto, Seixo subliñou que “queremos unidade sindical para que desde Galiza se dea unha resposta conxunta a estas políticas” e fixo un chamamento á reflexión a CCOO e UGT para que esa resposta non se cinxa á función pública, porque tamén supón unha redución nas prestacións sociais, nomeadamente nas pensións.

O secretario xeral da CIG alertou ademais de que a estas medidas vaise sumar a reforma laboral anunciada que terá, segundo explicou, características similares no ámbito privado porque se vai tomar a redución salarial no sector público como referente, ademais de incluír medidas como o abaratamento do despedimento ou unha maior flexibilidade do mercado laboral, entre outras.

Suso Seixo denunciou tamén que, en troques de aplicar políticas encamiñadas a incrementar o investimento público de carácter produtivo e o gasto social para contribuír a reactivar a economía; a controlar a  economía especulativa e o capital financeiro; encetar unha reforma fiscal incrementando os impostos directos sobre as rendas máis altas e sobre o capital; recuperar o imposto de patrimonio; eliminar os paraísos fiscais ou combater a fraude fiscal, o goberno apostou por medidas antisociais facendo recaer o custo da crise sobre a clase traballadora.

En contraste con isto, salientou os elevados beneficios da banca europea durante o ano 2009, que ascenderon a 50.000 millóns de euros de euros e mesmo denunciou que en plena crise as grandes empresas españolas chegaron a repartir 32.000 millóns de euros de dividendos, grazas aos beneficios acumulados durante ese mesmo período.

Por iso, afirmou que quen está a dirixir a política económica nos estados é o capital especulativo e denunciou a covardía dos estados, incapaces de abordar políticas que camiñen cara a mudar de modelo.

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto