Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria "NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS, SI AOS SERVIZOS PÚBLICOS"
 
 

"NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS, SI AOS SERVIZOS PÚBLICOS"

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo


recortes

Ante o anuncio feito polo presidente do goberno español,  Sr. Zapatero, de rebaixar nun 5% os salarios das empregadas/os públicos, na CIG confirmamos ,unha vez máis, que esta era unha das medidas que se ían aplicar no sector público para seguir coa campaña iniciada de precarización e desprestixio dos servizos públicos, é a xustificación perfecta para tomar medidas cada día máis regresivas no eido laboral.

 

Ante a gravidade destes feitos,  desde a  CIG, convocamos a todas as organizacións sindicais para que en pé de igualdade elaborásemos un calendario de mobilizacións co obxectivo de parar as medidas impulsadas polo goberno español. As organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF non responderon  á convocatoria de reunión que a CIG lles fixera chegar, pero a pesares disto a CIG sí acudiu á convocatoria que estas organizacións sindicais nos fixeron chegar.

 

O día 18 de maio, ás 16,30 hs, iniciase a reunión das organizacións sindicais, desde a CIG, e sendo respectuosas/os co calendario de mobilizacións que eles tiñan convocadas en todo o Estado Español, propoñémoslles ampliar este calendario, dando participación nas mobilizacións as/os traballadoras/es , e que o calendario de mobilizacións non se convertera, unha vez máis, en medidas cara a galería para lavar a súa imaxe.

 

Despois de transcorridas 3 horas de reunión acadamos un acordo de calendario, onde a CIG en aras á unidade sindical deixamos para unha posterior reunión o resto de mobilizacións, que cremos debemos levar a cabo para parar a medidas do goberno.


O  calendario pactado contiña as seguintes medidas:


- Concentracións o día 20 de maio nas sete cidades galegas chamando á participación das/os traballadoras.


- Anuncio da convocatoria de folga o día 8 de xuño.


-Comunicado conxunto das organizacións sindicais convocantes anunciando as mobilizacións acordadas.


-Manter unha próxima reunión o día 24 de maio, ás 16 hs, xa que o día 20 de maio está convocada a Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Este día coñeceremos o alcance das medidas.


Como CIG insistimos perante as organizacións sindicais que se o día 20 o goberno mantén as medidas anunciadas deberíamos recrudecer as mobilizacións, facendo un calendario conxunto.

 

 Ás 9  da noite, e transcorridas máis de 4,30 hs de reunión, as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT, comunícannos que non queren manter a unidade sindical coa CIG, que se desdín do calendario pactado entre todas as organizacións e que eles van  seguir co seu calendario.

 

 A valoración que facemos disto e:


A CIG é una organización sindical incomoda para CCOO, UGT e CSIF. xa que o único que pretenden é dar una imaxe cara as/os traballadoras/es de que van a convocar mobilizacións para parar as medidas do goberno, mentres os seu dirixentes pactan en Madrid co goberno as devanditas medidas.

 

Neste momento as/os traballadoras/es públicos somos a moeda de cambio de CCOO, UGT e CSIF para conseguir do goberno medidas que non sabemos a quén van beneficiar.

 

A CIG seguirá adiante co seu calendario de mobilizacións, informando puntualmente a toas/os das medidas que pretende adoptar o goberno, así mesmo informaremos do que acontece na Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Para que todo o persoal coa información suficiente poida tomar as súas decisións.


Non te deixes enganar por quen, unha vez máis, antepón o seu interese aos intereses das traballadoras e traballadores.


 

Que estraños intereses teñen para que a  presenza da CIG lles moleste tanto?


Infórmate e Participa.

 

Descarga, imprime e reparte o folleto no teu centro de traballo

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto