Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A CIG esixe a retirada das medidas regresivas e antisociais na reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada hoxe en Madrid
 
 

A CIG esixe a retirada das medidas regresivas e antisociais na reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada hoxe en Madrid

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
MANI_XENERICOO Consellos de Ministros desta tarde concretará as medidas a adoptar e a súa aplicación
 
A CIG esixiu esta mañá a retirada de todas as medidas antisociais propostas polo Goberno de Zapatero durante o decurso da Mesa Xeral da Función Pública. Nesta reunión, explica a Secretaria Nacional da CIG-Administración e representante da central, María Carme López Santamariña, a Administración non fixo entrega de ningún documento, limitándose verbalmente a dar a pouca información “á que estaban autorizados”, xa que as medidas a tomar concretaranse hoxe no Consello de Ministros que se celebrará ás 16::30 horas. Dende a CIG cualifícase a Mesa de “tomadura de pelo” e ínstase a toda a cidadanía a participar esta tarde nas concentracións convocadas nas sete cidades galegas.

A información comunicada na Mesa Xeral de Función Pública limitouse a:

1.- O Goberno vai elaborar un Decreto Lei que ten que ser ratificado polo Parlamento Español.   

2.- O devandito Decreto conterá, cando mínimo, as seguintes materias:

 

a)- Persoal funcionario e Estatutario.  

O Decreto do goberno español conterá, con carácter xeral,  unha redución que será de aplicación ás retribucións básicas de todas/os as/os empregadas/os públicos: soldo base e antigüidade.

 

A redución a aplicar nas retribucións complementarias será competencia das CCAA para que o apliquen conxuntamente a todas/os as/os empregadas/os públicos, ou sectorialmente que cada Consellaría determine as reducións a aplicar. 

 

Segundo o artigo 43 do Estatuto Marco do Persoal Estatutario, son retribucións complementarias as seguintes: complemento de destino, complemento específico, complemento de produtividade, complemento de atención continuada e complemento de carreira.

 

Os efectos económicos da redución serán desde o dia 1 de xuño de 2010, mais a paga extra do mes de xullo non ten redución.

 

b)- Persoal Laboral.

Para aplicar as medidas a este persoal van facultarse no poder que lles confire o Estatuto Básico do Empregado Público. Doutro xeito non lle poderían aplicar dita redución, xa que as súas retribucións determínanse de acordo coa lexislación laboral e o convenio colectivo que lles sexa de aplicación. En base a isto, a redución salarial ten que ser directa e individualizada, fora do ámbito da negociación colectiva. Dende a CIG lémbrase que o E.B.E.P. contou coa aprobación das organizacións sindicais estatais (CCOO, UGT e CSI-CSIF).

A Presidenta da Mesa Xeral  non tiña información de como se lle van a aplicar estas medias ás empresas públicas e outros  entes.

Así mesmo, informouse que a Administración valorará a aplicación destas medidas ao persoal que este próximo á xubilación, aínda que non lle afectará ao persoal de MUFACE.

Como remate, un dato importante, manterase o 0,3% de masa salarial para os fondos de pensións. “Parécenos unha inmoralidade que os salarios estean afectados, e os fondos de pensións sigan alimentando os petos dos poderes financeiros”, subliñou a Secretaria Nacional da CIG-Administración Pública.

A CIG, pola súa banda, reiterou na Mesa a solicitude de retirada destas medidas e agarda agora ás decisións do Consello de Ministros para comprobar como se van aplicar os recortes.

Para a CIG é imprescindíbel a mobilización para manifestar, non só o rexeitamento ás medidas presentadas por Zapatero para enfrontar a crise económica relativas aos empregados e empregadas públicos/as, senón tamén para frear unha reforma laboral da que aínda non se coñece o seu contido pero da que xa se adiantaron algunhas das medidas que se pretenden introducir e que van na liña de pretender atallar a crise pola vía do recorte de dereitos da clase traballadora.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto