Noticias Persoal Contratacións CIG-Saúde exixe a apertura de listas de contratación para lavandeira/o e pasador/a de ferro tamén en Vigo, Ourense e O Barco
 
 

CIG-Saúde exixe a apertura de listas de contratación para lavandeira/o e pasador/a de ferro tamén en Vigo, Ourense e O Barco

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde CIG-Saúde vimos de remitir un escrito a Recursos Humanos para exixir a ampliación de prazo da convocatoria de listas de contratación para as categorías de lavandeira/o e pasador/a de ferro, para que esta convocatoria se faga tamén nas áreas de Vigo, Ourense e O Barco.

listas_sergasDna. María Jesús Rúa Moure

Subdirectora Xeral de Selección e Políticas de Persoal

Con data 17 de xullo de 2014 publicouse no DOG a Resolución do 9 de xullo de 2014 que abre o prazo para a inscrición de aspirantes nas categorías de lavandeira/o e pasador/a para as listas de vinculacións temporais do SERGAS.

Con sorpresa puidemos comprobar cómo nin na área de Vigo, nin nas áreas de Ourense e O Barco se prevía a apertura das listas destas categorías, cando segue habendo persoal propietario destas categorías nestas dúas áreas, e, polo tanto, segue habendo necesidades de cobertura, como así o demostran os contratos feitos durante os últimos meses.

Despois de poñernos en contacto con esta Subdirección, indícasenos que non se contemplou na resolución a apertura destas listas nas áreas de Vigo, Ourense e O Barco, por petición expresa das Xerencias das respectivas áreas, que non consideraron necesaria a existencia de listas de contratación nestas categorías. Non entendemos cómo se pode nin sequera contemplar que non existe esta necesidade, polo que queremos pensar que nestas xerencias descoñecen o funcionamento das listas de contratación e do Pacto vixente, e ignoran o persoal fixo destas categorías que traballa nestas áreas e que xerarán, a bo seguro, ausencias que cubrir. Negámonos a crer que conscientemente se exclúan estas áreas das listas de contratación coa idea de non facer ningún tipo de cobertura, posto que isto implicaría, unha vez máis, a perda de calidade no servizo prestado.

Desde a CIG-Saúde dirixímonos a Vde. para exixir a inmediata publicación dunha resolución que contemple a ampliación do prazo aberto para a inscrición nestas categorías, a fin de incluír na convocatoria as áreas de Vigo, Ourense e O Barco, para a cobertura das ausencias que xurdan nestas.

Quedando á espera da súa resposta, reciba un saúdo.

Compostela, 21 de agosto de 2014.

Asdo: Susana Méndez

Secretaria de Organización CIG-Saúde

 Escrito rexistrado

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto