Noticias Persoal Contratacións CIG-Saúde denuncia o Pacto de Contratacións
 
 

CIG-Saúde denuncia o Pacto de Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde a CIG-Saúde vimos de rexistrar este escrito de denuncia do Pacto de Contratacións vixente. Qué significa denunciar o Pacto? Significa que unha vez pasado o prazo estipulado no Pacto queremos que se inicie unha nova negociación para mellorar ou introducir certos aspectos que, pensamos, son necesarios para unha mellor xestión das listas e equidade na contratación.

Moitas das cuestións que imos levar a esta negociación xa eran exixencias nosas cando se negociou o Pacto, como o caso do descanso obrigatorio, que foi cabalo de batalla da CIG-Saúde durante todo o proceso de negociación do Pacto, e que a Administración non quixo recoller no texto final, porque só a CIG-Saúde e outra organización sindical así o exixiamos. As outras centrais sindicais estaban en contra de que se recollera, non sabemos moi ben con qué argumentos, posto que, unha vez pasados 4 anos, compróbase o que desde a CIG-Saúde viñamos advertindo: que o non haber descanso obrigatorio ía facer que só traballara o tramo inicial da lista, mentres moita xente ía estar inscrita e esperando un contrato que non ía chegar. A escaseza de contratacións que provocou esta Administración afondou neste problema, e por iso hoxe, moitas persoas aspirantes das listas están reclamando que se retome o descanso obrigatorio.

Xunto con este tema, hai outros que nos preocupan e que tamén imos levar a esa negociación, da que agardamos que saia un Pacto mellor, no que se reforce a equidade e a eficacia na xestión das listas, algo que tamén imos exixir da Administración, que segue a interpretar e aplicar o Pacto do xeito máis prexudicial para os/as traballadores/as. Queremos un Pacto útil e unha xestión de listas eficaz e transparente.

Deixámosvos aquí o escrito de denuncia do Pacto rexistrado esta mañá:

Denuncia_Pacto

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto