Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Contudente manifestación contra a privatización en Vigo
 
 

Contudente manifestación contra a privatización en Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

20141009 vigo

Vigo bótase á rúa de novo en defensa dunha sanidade pública “gravemente enferma”

Milleiros de persoas claman contra os recortes e as privatizacións que está a aplicar o PP
Varios milleiros de persoas botáronse á rúa este xoves en Vigo convocados pola Xunta de Persoal do Chuvi en defensa dunha sanidade pública que se atopa “gravemente enferma” debido á política de recortes e privatizacións que está a aplicar o Goberno do PP. Denuncian que arredor de 400 profesionais quedarán sen emprego ao deixar en mans de empresas a xestión dos servizos sanitarios e non sanitarios do cuarto hospital da cidade.
2014 10 09 ManiSanidadePublicaVigo01

(Galería de imaxes)

O diagnóstico dos/as profesionais é moi claro: “A sanidade pública da Área de Vigo atópase na UCI, está gravemente enferma”. Así o denunciaron ao remate da manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi e que este xoves percorreu as rúas da cidade para rexeitar as políticas de privatización que está a aplicar o Goberno do PP.

Durante a marcha, que partiu pasadas as 20.00 horas do hospital Xeral para rematar unha hora despois na Porta do Sol, as consignas máis coreadas foron “A privatización é corrupción”, “Feijóo escoita Vigo está en loita”, ou “Servizos públicos e de calidade”. As alusións de apoio á auxiliar de enfermería infectada de Ébola tamén foron constantes durante o percorrido.

A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembrou que agora comézanse a ver as consecuencias de construír o novo hospital baixo un modelo de xestión público-privado. “Primeiro privatizan os servizos non sanitarios (mantemento, lavandería, cociña), o que suporá que arredor de 400 persoas perdan o seu emprego, e despois irán a polos sanitarios, como o laboratorio central”.

Neste senso, criticou que o Sergas vaia investir máis no cun centro médico privado como é Povisa que na construción do novo hospital, proxecto que multiplicou os seus custes ao pasar de 400 a 1200 millóns de euros.

Dende a Xunta de Persoal do Chuvi indicaron que os principais motivos da protesta son denunciar a falta de datos sobre o proxecto do cuarto hospital e reclamar información sobre os plans do Sergas con respecto ao persoal dos servizos non sanitarios que van ser privatizados -xa que a concesionaria non contem

pla a subrogación. “Comezan por privatizar estes servizos, entregándolle 50 millóns anuais a unha empresa, pero de

trás vén o resto”.

Denuncian que a Área Sanitaria de Vigo está a servir como experimento da Xunta á hora de aplicar os recortes en materia de saúde. “Reduciron o cadro de persoal nun 14%, o que provocou que a lista de espera supere xa as 20.000 persoas”. Finalmente, anunciaron que o vindeiro luns realizarán concentracións ás portas do Meixoeiro a partir das 11.00 horas en solidariedade coa traballadora sa sanidade infectada de Ébola.

A nova en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto