Noticias Persoal OPE Información Comisión Técnica OPE
 
 

Información Comisión Técnica OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

COMISIÓN TÉCNICA DE OPE DO 15 DE OUTUBRO DE 2014

OPE MÉDICO/A DE FAMILIA E ENFERMARÍA

A reunión desenvolveuse tratando as alegacións por sindicato, e dase por rematada a comisión técnica de OPE. Pasarannos nos vindeiros días o texto definitivo coas alegacións aceptadas no día de hoxe para que na próxima Mesa Sectorial se aprobe.

A previsión de publicación da convocatoria é de que sexa antes de que remate o presente ano.

As nosas alegacións:

Médico/a de familia

  • No referente aos tribunais acéptannos que unha mesma persoa non pode estar en dous tribunais, que cando menos a metade mais un dos membros do tribunal serán da mesma categoría, que non participe máis de unha persoa por EOXI, e aceptan incorporalo nas instrucións que se negociarán sobre os tribunais. Non aceptan que os membros do tribunal estean liberados do traballo ordinario por que entenden que é un traballo por enriba do traballo habitual e que ten unha compensación establecida, a xeito de dietas.
  • Esiximos que se acurtase o tempo de preaviso a 24 horas no caso de mulleres xestantes. Tendo que avisar con 72h non se garante o dereito das xestantes a realizar as probas. Dixeron que era inasumible organizativamente reducir dito prazo. Insistimos en que esta medida podía conculcar dereitos fundamentais, e quedaron en darlle unha volta e ver se reducían o prazo a 48h.
  • Solicitamos que se oferten o 100% das prazas non cubertas a través do concurso de traslados aínda que só se cubra o número establecido na convocatoria. Desestímase por entender que o Decreto de oferta da OPE non o permite, xa que recolle que non se poden ofertar máis prazas que o número recollido na oferta.
  • Aceptan a nosa alegación sobre que se faga unha aclaración pública sobre as reclamacións feitas sobre as preguntas. Comentan que se publicarán os motivos das anulacións.
  • Aceptan a nosa alegación de que se recolla na convocatoria que para a elección de destino se pode delegar noutra persoa a través dun poder suficiente.
  • No apartado de Baremo no referente aos cursos de informática pretendían excluír os cursos de informática de aplicacións non operativas no Sergas. Acordouse en que se pasarían estas dúbidas a informática para coñecer os programas que se están a utilizar no Sergas e buscar unha mellor redacción deste tema.
  • Non aceptan que se retire a limitación en puntos marcada para os cursos de prevención de riscos e informática.
  • Solicitamos que os tribunais publiquen unha relación bibliográfica de referencia para os temarios. Non o aceptan porque entenden que non é competencia do órgano convocante senón do tribunal.

Enfermeira/o

  • As alegacións que eran comúns ás dúas categorías quedan como se tratou en médico/a de familia.
  • Exiximos que se reduza o valor de mes traballado nos centros privados concertados. A Admón dí que obedece a unha sentenza firme do TSX que entende que era desproporcionada a diferenza entre o valor da pública con respecto á privada e desestiman a nosa alegación.
  • Modificación do baremo: non aceptan xa dende o inicio que o apartado de posgrao pase ao Apartado de Outras actividades, porque dín que é formación e ten que manterse nese apartado. Ao único acordo que chegamos foi a que puntúe distinto unha especialidade de enfermería (2 puntos) que unha diplomatura sanitaria (1 punto).
  • No referente ao exame, aceptouse parcialmente a nosa alegación. Acordouse que o exame constará de 50 preguntas teóricas e 50 preguntas de casos prácticos. Elimínase a exención de 10 preguntas dos temas 1 a 10 para os diplomados sanitarios de promoción interna (temas comúns da parte específica de enfermaría), mantense a exención para promoción interna dos temas de lexislación.

 

Outras informacións:

CONCURSO DE TRASLADOS DE PERSOAL SANITARIO: fan unha previsión de que ou ben na última semana de outubro ou ben na 1ª quincena de novembro se publicará a lista definitiva de admitidos e a provisional de baremación e destinos provisionais.

OPE FEAS: non saben dar unha estimación, esperan poder concretar máis na Mesa Sectorial, aínda que contan con publicar a baremación provisional antes de que remate o ano.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto