Noticias Persoal Contratacións Información Comisión Seguimento Pacto
 
 

Información Comisión Seguimento Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS

15 DE OUTUBRO DE 2014

CIGSAUDElogo

  1. Información xeral do pacto.

Infórmannos das previsións de publicacións para este último trimestre do 2014.

  • Outubro: Publicación das listas definitivas de baremación de Grupo Técnico da función administrativa, Grupo Xestión da función administrativa e Enxeñeiro/a Técnico/a.
  • Novembro: Publicación das listas definitivas de baremación de Técnico/a Superior de sistemas e tecnoloxías da información, Técnico/a de Xestión de sistemas e tecnoloxías da información e Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.
  • Decembro: Segundo proceso de actualización de listas. Publicación das listas provisionais de baremación de Técnico/a Superior en anatomía patolóxica e citoloxía, Técnico/a Superior en Dietética e Nutrición, Técnico/a Superior en documentación sanitaria, Técnico/a Superior en hixiene bucodental, Técnico/a Superior en imaxe para o diagnóstico clínico, Técnico/a Superior en laboratorio de diagnóstico clínico, Técnico/a Superior en radioterapia, Facultativo/a de área de psicoloxía clínica, Farmacéutico/a de atención primaria, Pediatra de Atención Primaria, Médico/a de familia, Médico/a de urxencias hospitalarias, Técnico/a en farmacia e Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Dende CIG-Saúde preguntamos pola publicación das listas definitivas de enfermaría especialista en saúde mental e enfermaría especialista en enfermaría do traballo. Respóstannos que recibiron moitos recursos nestas categorías e por agora estanos resolvendo. Non nos dan ningunha estimación de publicación das mesmas.

Preguntouse pola apertura das listas de mantemento e oficios. A Administración, despois de 3 anos segue a valorar este tema. Instouse a que de unha vez por todas se nos diga se as van a sacar ou non.

A Admón díxonos que había unha solicitude do CTG solicitando condutores. Están a valorar cómo sacan esa convocatoria e qué requisitos hai que solicitar. Mentres tanto, unha vez estea esgotada a lista do CTG, chamarase pola lista publicada do Sergas a aqueles/as aspirantes que reúnen os requisitos do carné de conducir, sendo a súa aceptación con carácter voluntario.

  1. Solicitudes de cambio de área e suspensión de chamamentos de listas de curta duración.

Dende CIG-Saúde denunciamos a inoperatividade do apartado de cambio de área posto que os cambios de área autorizados na reunión anterior da categoría de enfermeira aínda non se fixeron efectivos.

A Admón resposta que nesta categoría concretamente aínda lles falta por resolver 50 recursos e pensan que para o Nadal estarán publicadas as listas definitivas tras os recursos, xunto cos cambios.

  1. Dotación de titulares e suplentes das listas de curta duración para este próximo proceso de actualización.

Pasáronnos uns cadros aportados polas xerencias sobre a dotación de titulares e suplentes das listas de curta duración. Hai dúas áreas (Ourense e Burela) que solicitaron un incremento no número de titulares.

Dende CIG-Saúde non aceptamos ningún incremento e esiximos que se xustifique debidamente o incremento solicitado.

Todas as OOSS denunciamos que se están a utilizar mal as listas de curta duración, e que na maioría das áreas non se está a respectar o que di o pacto de que lle corresponden os contratos urxentes e non programados.

  1. Rogos e preguntas.
  1. Dende CIG-Saúde solicitamos que nas reposicións automáticas en listas logo dunha suspensión de chamamentos, se fixese tendo en conta a data de solicitude de reposición, aínda que a data de finalización do motivo de suspensión sexa posterior. Non o aceptan. Para as reposicións terase en conta a data de solicitude de activación, salvo que a data de finalización do motivo de suspensión sexa posterior, que neste caso se terá en conta este último.
  2. Dende CIG-Saúde solicitamos que se publique unha aclaración na acta no referente a que para as titulación europeas do ámbito Bolonia é suficiente co recoñecemento. Para o resto de titulacións estranxeiras será necesaria a homologación das mesmas. Aceptaron.
  3. Dende CIG-Saúde solicitamos que se abran as listas de lavandeira e pasadora de ferro nas áreas de Vigo, Ourense e O Barco. No referente a Vigo dinnos que sairá o plan de ordenación de RRHH de Vigo antes de que entren en vigor as listas recentemente abertas, polo que despois non sería necesaria unha lista. E no referente a Ourense foi a propia xerencia quen lles dixo que non tiña necesidades destas categorías e que polo tanto non quería listas.
  4. Volvemos a reiterarnos en que as renuncias ás listas teñen que facerse por escrito ao igual que a inscrición; está habendo moitos casos de persoas que se borran por erro das listas porque o aplicativo non é claro. Entenden que non queren volver ao papel. Quedaron en valorar que se poida habilitar no aplicativo durante un prazo curto que a renuncia non sexa definitiva, podendo revogala sen consecuencias.
  5. Dende CIG-Saúde solicitamos que se clarifique se, unha vez esgotada a lista xeral, se chama ás áreas limítrofes ou aos/as titulares das listas de curta duración. A Admón. entende que segundo o pacto, unha vez esgotada a lista xeral se chamaría ás áreas limítrofes.
  6. Denunciamos a situación que se está a dar nas listas compatibles. Solicitamos que, estando de acordo en que se teñen que ofrecer os contratos de longa duración da lista compatible aínda que se estea vinculado na outra lista tamén cunha longa duración, se renuncian unha vez a un contrato na lista compatible quede como non dispoñible. Quedaron en valorar a nosa petición. Denunciamos unha vez máis que as listas de enfermaría e de enfermaría do 061 non son listas de distintas categorías, a Admón. asimila estas listas a categorías distintas.
  7. Dende CIG-Saúde solicitamos novamente que se permita renunciar sen penalización aos contratos a tempo parcial no prazo de un mes dende a publicación das listas definitivas nos supostos de que nas novas listas non optaran por marcar a voluntariedade nas listas a tempo parcial. Entendían que isto xa se pode facer pero quedaron en revisalo novamente.
  8. Esiximos que na acta conste que nos supostos de aspirantes embarazadas se terá que respectar a orde de prelación das listas, tal e como se estimou nun recurso de alzada do ano 2012. Aceptaron incluílo. Por analoxía, acordouse incluír tamén que nos supostos de aspirantes con informes da UPRL con limitacións, terán que ofertárselle os contratos de longa duración e a posteriori adaptarlle o posto.
  9. A Admón. informounos de que a partir de agora as/os aspirantes non terán que aportar documentalmente o certificado de ter superada a formación específica para as áreas especiais, incluirase automaticamente no FIDES.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto