Noticias Persoal Outras novas Exiximos a dotación de celadores/as nos hospitais comarcais!
 
 

Exiximos a dotación de celadores/as nos hospitais comarcais!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

DENDE CIG-SAÚDE QUEREMOS EXIXIR UNHA VEZ MÁIS A INCORPORACIÓN DA CATEGORÍA DE CELADOR/A

EN TODOS OS HOSPITAIS COMARCAIS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

A inicios de 2008, con efecto retroactivo a 1 de xullo de 2007, o persoal laboral das antigas fundacións públicas hospitalarias (Barbanza, Cee, Salnés e Verín) integrouse no réxime estatutario e pasou a ser persoal do SERGAS. No 2009 os centros intégranse CELADORASna rede do SERGAS, desaparecendo as fundacións e converténdose en hospitais comarcais.

Dende ese momento o persoal destes hospitais ven reclamando a incorporación da categoría de celador/a aos mesmos con diferentes resultados:

  • No Hospital do Salnés existe dende o ano 2010 un cadro de 18 Celadores/as, o cal está sen consolidar con prazas orzamentadas, polo que as coberturas son mediante contratos de acumulacións de tarefas que cambian de persoa cada 6 meses. Recentemente, e grazas á presión sindical e do persoal, conseguiuse consolidar varias prazas mediante interinidades.
  • Nos Hospitais de Barbanza e Cee nin sequera existe a categoría, asumindo a gran maioría das funcións de celador/a o persoal de enfermaría, sobre todo TCAE, co menoscabo da adecuada realización das súas funcións propias, e a influenza negativa na calidade asistencial.

Despois de campañas de recollidas de sinaturas entre os/as traballadores/as e usuarios/as que non obtiveron resposta, unha campaña de queixas ao Valedor do Pobo que concluíu coa publicación, no seu boletín oficial en marzo de 2010, dunha recomendación á Consellería de Sanidade para que dotara de celadores/as aos Hospitais de Barbanza e Cee, concentracións, peches … a situación continúa como hai 4 anos.

Neste tempo tiveron lugar novas OPES e concursos de traslados que incorporaron a estes centros hospitalarios persoal que non traballou antes nas antigas Fundacións, incluso procedentes doutras CCAA; persoal que se ve obrigado a asumir funcións que non realizaba nos centros dos que proceden, polo que se producen situacións de conflitividade no traballo diario, que unha vez máis interfiren na adecuada calidade asistencial.

A categoría de Celador/a está presente en todos os hospitais do SNS e é unha figura necesaria para a eficiencia do sistema e debe formar parte do equipo multidisciplinar de profesionais que prestan os seus servizos no Servizo Galego de Saúde.

Por todo isto dende CIG-Saúde EXIXÍMOSLLE á Consellería de Sanidade que dote da categoría de celador/a aos hospitais comarcais de Barbanza, Cee e Salnés, e deixe de discriminar aos traballadores e traballadoras dos mesmos, así como a poboación das súas áreas de referencia.

CELADORES/AS XA!!!!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto