Noticias Outras novas Mobilizacións A Alianza Social Galega convoca hoxe concentracións silenciosas diante das sedes do PP contra a Lei de Seguridade Cidadá
 
 

A Alianza Social Galega convoca hoxe concentracións silenciosas diante das sedes do PP contra a Lei de Seguridade Cidadá

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Alianza Social Galega (ASOGA) convoca, para hoxe día 13 de novembro, concentracións silenciosas diante das sedes do PP de cidades e vilas galegas para manifestar a súa oposición á reforma da Lei de Seguridade Cidadá. Previo a isto mantivo unha xuntanza no Parlamento Galego cos grupos da oposición o pasado luns día 10 de novembro, ás 10:00 horas, para presentarlles o manifesto e as liñas de resposta social aprobadas polo seu Plenario Nacional e solicitar o seu apoio tanto para estas concentracións como para as manifestacións comarcais previstas para o día 23 de novembro.
14-11-07 ASOGA Lei de Seguriadde Cidadá

A delegación da ASOGA tamén solicitou dos grupos parlamentarios a súa implicación para que chegue ao ámbito institucional e do Parlamento Galego a contestación a esta “brutal e antidemocrática reforma”.

A Alianza Social Galega lembra que está en plena tramitación no Congreso dos Deputados a reforma da Lei de Seguridade Cidadá, que pretende a implantación dun Estado Policial e reprimir con dureza a contestación social. Por iso considera imprescindíbel que se promovan accións en todos os ámbitos, nomeadamente o institucional, que permitan que esta lei non vaia adiante.

Neste sentido a ASOGA solicitou dos grupos parlamentarios que, ao igual que se fixo no seu momento coa LOMCE, se comprometan para que esta Lei, de ser finalmente reformada, sexa derrogada en canto o Partido Popular deixe de ter maioría absoluta.

Xunto a isto demandaron que se promova desde o Parlamento Galego unha proposición a través da que se inste ao Congreso dos deputados a presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a mesma.

A ASOGA pediu tamén o seu apoio ás mobilizacións acordadas, as primeiras o día 13, como concentracións silenciosas diante das sedes do Partido Popular e, posteriormente, ás manifestacións comarcais que se desenvolverán en toda Galiza.

Concentracións do día 13 diante das sedes do PP

- A Coruña:Ás 20:00 horas

- Burela:Ás 18:30 horas

- Ferrol:Ás 19:00 horas

- Lugo:Ás 20:00 horas

- Ourense:Ás 20:00 horas

- Pontevedra:Ás 19:30 horas

- Ribeira:Ás 19:30 horas

- Santiago:Ás 19:30 horas

- Vilagarcía:20:00 horas

- Vigo:Ás 20:00 horas

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto