Noticias Persoal Contratacións A Conselleira de Sanidade mente máis que fala! Privatizadora, precarizadora e ademais mentireira!!
 
 

A Conselleira de Sanidade mente máis que fala! Privatizadora, precarizadora e ademais mentireira!!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CONSELLEIRA DE SANIDADE MENTE MÁIS QUE FALA!

PRIVATIZADORA, PRECARIZADORA E ADEMAIS MENTIREIRA!!!

 

20140822 Conselleira Sanidade doando sangue 2 20140822130331

Unha mentira repetida cen veces non se converte nunha verdade. O único que pon de manifesto é o desprezo absoluto desde o que fala a persoa que, sen ningún tipo de pudor, repite estas mentiras co fin de ocultar a realidade e desprestixiar as/os profesionais.

Estamos a referirnos ás declaracións que a Conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, fixo nun medio de comunicación, asegurando que a contratación no SERGAS por días soltos ou de media xornada é puntual, que só se daba en contadas excepcións, cando todo o mundo sabe que é a norma, e que todos os días se producen inxentes cantidades de contratos non só por días, senón tamén miserábeis contratos por horas.

                A quen pretende enganar?

  • Ás persoas inscritas na listaxe de contratación que sofren día a día o desemprego, a precariedade laboral, a obriga de realizar contratos a xornada reducida, nalgún caso con desprazamento superiores a 70 km onde as retribucións non cobren os gastos?
  • Á poboación que sofre día a día as demoras na asistencia por falta de profesionais?
  • Á mesma poboación que ve como os seus familiares, traballadoras/es da sanidade pública, agora están en desemprego cando antes traballaban regularmente?
  • Ás persoas que emigraron en busca dun posto de traballo?

Sra Conselleira, unha persoa nun cargo público, ante todo, debe ser respectuosa co persoal que depende dela. O seu aforamento non lle dá dereito a mentir e quedar impune. Se o que Vde. pretende é transmitir á opinión pública que a precariedade laboral debe ser a situación normalizada das/so traballadoras/es públicos, non se reprima, sexa sincera.

Vostede siga a facer méritos con quen pretende privatizar a sanidade. A sociedade galega non vai consentir que teña a desvergoña de privatizar a Sanidade Pública, que se atreva a criminalizar e precarizar ás persoas que co seu traballo a manteñen viva e que inda teña a fachenda de negalo mentindo descaradamente.

Rocío Mosquera, privatizadora, precarizadora e ademais mentireira!!!

Tenas todas!!!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto