Noticias Outras novas Mobilizacións 25 de Novembro: a CIG convoca concentracións “pola erradicación da cultura da violencia machista”
 
 

25 de Novembro: a CIG convoca concentracións “pola erradicación da cultura da violencia machista”

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

As protestas realizaranse o martes pola mañá en todas as cidades, agás en Vigo, onde é o luns 24 de novembro

 
A Secretaría da Muller da CIG ten convocada gallo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, unha xornada nacional de loita con concentracións nas sete cidades. As mobilizacións realizaranse o propio martes 25, agás no caso de Vigo que está convocada para hoxe luns 24, ás 19 horas no Marco, coincidindo co peche do curso de Empoderamento.
Faixa 25-Novembro 2014
 

Horarios e lugares das concentracións:

- A Coruña: ás 12 horas diante da Confederación de Empresarios/as, en Monelos.

- Ferrol: ás 12 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza.

- Compostela: ás 12 horas diante do Gadis da Rúa Nova de Abaixo (ao carón da praza de Vigo), en resposta ao acoso laboral contra unha traballadora logo de exercer o seu dereito á reducir á súa xornada de traballo por garda legal dun fillo con diversidade funcional.

- Pontevedra: ás 12 horas na Praza 8 de Marzo.

- Ourense: ás 12 horas diante do local sindical.

- Lugo: ás 11:30 horas diante do edificio administrativo da Xunta, na Ronda da Muralla.

- Vigo: ás 19 horas no Marco o día 24 de novembro, coincidindo co peche do curso de Empoderamento.

Este ano, a campaña da CIG con motivo do 25 de novembro desenvólvese baixo o lema “Erradiquemos a cultura da violencia machista” e ten por obxectivo visibilizar publicamente este feminicidio, identificando comportamentos, actitudes e ideas discriminatorias, que forman parte da cultura da violencia contra as mulleres, entendendo que “para erradicar a violencia machista é preciso detectar o machismo, crear conciencia e mudar condutas”, en palabras da Secretaria da Muller da CIG, Margarida Corral.

A pretensión da central sindical é que cada quen, mulleres e homes, fagan unha auto avaliación, identificando actitudes habituais que agochan un claro ou sutil machismo, “xeitos non evidentes de reproducir roles sexistas”, tendo presente que o machismo non é só a agresión física a unha muller. “A violencia non só implica golpes, tamén inclúe as ameazas, a arrogancia, as descualificacións, a discriminación, o abuso verbal, o abuso emocional, o acoso...”, afirma.

Ademais, con esta campaña quérese lembrar as 7 mulleres galegas asasinadas a mans das súas parellas e exparellas. “Na súa honra, durante todo o mes de novembro nos locais sindicais da CIG das 7 cabeceiras de comarca temos colocado 7 siluetas dun metro sesenta de altura, identificadas co seu nome e o nome de quen as asasinou, en lembranza e homenaxe ás 7 vítimas do machismo”, explica Corral.

Por iso, nas concentracións tamén se portarán as 7 siluetas das 7 galegas mortas por mor da violencia machista.

Chamada a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista

Así mesmo, a Secretaría da Muller da CIG chama a participar tamén nas accións/mobilizacións convocadas polo movemento feminista na Galiza para este 25 de novembro e que terán lugar en:

- Vigo: martes 25, ás 20h manifestación dende a Farola de Urzaiz.

- Ourense: martes 25, ás 20.30h na Praza do Ferro.

- Ferrolterra: martes 25, ás 20h na Praza da Escola de Fene.

- Compostela: martes 25, ás 20h na Praza 8 de Marzo.

- Pontevedra: martes 25, ás 20h na Praza 8 de Marzo.

- A Coruña: martes 25, ás 19 h no Obelisco.

Nova sobre a presentación da campaña da CIG para o 25-N

A noticia en Avantar

Documentos
INFORME VIOL 2014.pdf
diptico25 nov 2014.pdf
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto