Noticias Persoal Contratacións Sobre a miseria nas contratacións
 
 

Sobre a miseria nas contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde a CIG-Saúde levamos anos denunciando as interpretacións retorcidas e as aplicacións perversas que se fan do Pacto de Contratacións. Durante a negociación do Pacto levamos a cabo varias accións de presión ás que se sumou quen se quixo sumar, para exixir o mantemento do descanso obrigatorio, entre outras reivindicacións. Tamén denunciamos, desde a súa imposición, a aplicación da Taxa de Reposición do 10%, que implica OPE miserábeis coma a que vai ser publicada nos vindeiros días. Quen queira coñecer o noso traballo ao respecto (mobilizacións e folgas entre outras cousas) pode velo na nosa páxina web www.cig-saude.info

Mais hoxe queremos recuperar aquí un cartaz de hai uns meses no que explicabamos que o Pacto de Contratacións regula a orde de chamamentos en función duns baremos, pero o tipo de contratos que se ofertan (nº de días, tipo de vínculo...) é algo do que se encarga o propio SERGAS. O feito de que haxa ou non contratos por días e horas non tén nada que ver co Pacto, senón coa política de contratación que leva a cabo a Consellaría de Sanidade dirixida pola señora Rocío Mosquera, amparada polo goberno da Xunta do PP, con Núñez Feijóo á cabeza. Non nos engañemos, a miseria das contratacións non depende do Pacto, depende da vontade política do PP que tén na súa folla de ruta a privatización e o desmantelamento da Sanidade Pública. Non erremos o tiro, porque nos pode sair moi caro.

campaa emprego

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto