Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Privatizacións Vigo: CIG-Saúde exixe a anulación da Resolución de Integración publicada no DOG de xeito alevoso
 
 

Privatizacións Vigo: CIG-Saúde exixe a anulación da Resolución de Integración publicada no DOG de xeito alevoso

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

COMISIÓN TECNICA DO NOVO HOSPITAL DE VIGO

CELEBRADA O VENRES DÍA 5 DE DECEMBRO

Este pasado venres celebrouse a reunión do grupo de traballo da comisión técnica do novo hospital de Vigo. A orde do día era abordar o Plan de Ordenación de Recursos Humanos de Vigo, que resumindo pretendían que consistira en que o grupo de traballo apoiase as propostas da Administración. Estas propostas foron publicadas o día anterior no DOG, mediante unha resolución da Xerencia da EOXI de Vigo, con premeditación e aleivosía, como unha provocación desta Administración. Qué pretenden que digamos se xa está todo publicado en DOG?

cig cartazNa quenda de intervención da CIG manifestamos o seguinte:

  • Supoñemos que neste momento os responsabeis de Recursos Humanos do SERGAS están en situación de excedencia, pois o papel que están a representar é o de portavoces das empresas privadas que van explotar o novo hospital (na reunión estivo presente o director de RRHH de Vigo).
  • Pretenden que a Mesa Sectorial apoie os intereses da concesionaria e que respaldemos a destrución de emprego público. A CIG por aí non pasa.
  • Esta Administración, e concretamanete esta Dirección de RRHH, perderon toda a decencia institucional que se lles supón. Publican no DOG a resolución da privatización e ao día seguinte pretenden que a apoiemos, e para isto preséntannos un Plan de Ordenación de RRHH para que ratifiquemos a privatización. Se tivesen un mínimo respecto polas/os traballadoras/es e por nós, como representantes delas/es, non publicarían unha norma o día anterior a esta reunión.
  • Se queren que nos poñamos a falar seriamente sobre este tema, teñen que retirar a resolución publicada no DOG. Desde CIG-SAÚDE exiximos que a Administración, tal como se recolle no contrato coa empresa, faga valer a súa potestade de recuperar os servizos privatizados, e que a prestación sexa asumida directamente polo SERGAS.
  • Se a Consellaría de Sanidade tivese unha mínima preocupación polas/os traballadoras/es adoptaría medidas de estabilidade laboral e non de precarización. Se queren estabilizar ao persoal o que ten que facer a Administración é convocar todas as prazas no concurso de traslados. Así solucionaria a problemática do persoal en comisión de servizo.
  • Se lles preocupase o persoal contratado, a resolución publicada recollería a obrigatoriedade da empresa en manter este persoal durante toda a vixencia da concesión.
  • Alén disto, publican unha resolución que só favorece á privada. Nesa resolución obrigan ao persoal contratado das categorías de: restauración, lavandaría e lenzaría, limpeza, mantemento xeral, transporte interno e conservación de vías e xardins, a que no prazo de 15 días naturais, contados desde o venres, soliciten a súa integración na empresa privada e senón serán cesados de inmediato. No Plan de Ordenación que agora presentan, ademais de consolidar o anterior, recollen a adscrición a outras prazas da área limítrofe ou outras prazas do Servizo Galego de Saúde; como continúen ampliando chegamos a Marrocos.
  • Como medidas adicionais propoñen unha modificación do Pacto de Contratacións, permitindo que o persoal se anote nas categorías reclasificadas, arrastrando a súa baremación; ou facendo compatibeis a inscrición nas listaxes destas áreas coa inscrición en listaxes das área limítrofes e noutras categorías. A CIG-SAÚDE denunciou o pacto de contratacións para iniciar unha nova negociación, que inda non se produciu, pero xa temos modificacións do pacto vixente.

Que non conten connosco, non imos mandar ningunha alegación ao Plan de Ordenación de RRHH, para que despois da próxima reunión da Mesa Sectorial digan que este Plan foi aprobado pola Mesa tras recoller as nosas alegacións, cando, como moito, o que aceptarán delas será cambiar unha coma de sitio.

Reiteramos a nosa exixencia de publicar no DOG a anulación da Resolución de Integración publicada de xeito alevoso.           

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto