Noticias Outras novas Mobilizacións O PP pecha novamente as portas do Parlamento ás empregadas e empregados públicos de Galiza
 
 

O PP pecha novamente as portas do Parlamento ás empregadas e empregados públicos de Galiza

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos denuncia que os orzamentos da Xunta para 2015 consolidan os recortes dos servizos públicos
 
Máis unha vez as portas do Parlamento pecharon para as centos de empregadas e empregados públicos que se concentraban este martes diante do Pazo do Hórreo coincidindo coa celebración do pleno no que o PP, en solitario, aprobou uns orzamentos para 2015 que “consolidan os recortes dos servizos públicos e dos dereitos laborais e salariais do persoal da Xunta de Galiza”. A mobilización, convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, converteuse nunha improvisada manifestación que rodeou o Pazo do Hórreo.

“Estamos aquí para manifestar a nosa oposición á aprobación dos orzamentos 2015 que, no que atinxe a retribucións de servizos públicos en xeral, supoñen un recorte aínda máis profundo do que viñan realizando todos estes anos”. Así explicaba a portavoz da Área Pública da CIG, María Carme López Santamariña, as razóns que levaron á Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos a mobilizarse nesta xornada.

E é que segundo López Santamariña, estes orzamentos non contemplan a máis mínima posibilidade de que as empregadas e empregados públicos recuperen o seu poder adquisitivo. “Non falan sequera do cobro, para 2015 das pagas extra completas, nin falan tampouco da obriga que a través dos orzamentos do estado teñen da devolución da paga extra de 2012”.

Neste sentido, a portavoz da Área Pública da CIG subliñou que o que se fai é unha proposta na que se contempla efectuar o pagamento do 25% desa extra en dúas anualidades. A isto engadiu que os orzamentos o que fan é “por unha banda, afondar na desaparición dos servizos públicos e, pola outra, destruílos a pasos axigantados imposibilitando ademais que se recuperen aqueles que estaban desaparecidos a día de hoxe”.

Taxa de reposición do 100%

A Área Pública da CIG considera ademais que a taxa de reposición tiña que ser, a día de hoxe, do 100%, non dun 50% e só para servizos esenciais como saúde educación e servizos básicos. A isto engade a necesidade de facer unha programación para recuperar todo o emprego perdido desde o ano 2012. “Igualmente é obrigatorio facer un plan de recuperación dos recortes dos nosos salarios. Estamos en 2015 a un 30% dos salarios de 2010, é inadmisíbel”, denunciou López Santamariña, quen considerou “insultante que se fagan declaracións públicas nas que se afirma que hai unha recuperación dos nosos salarios”.

Ante isto, a portavoz da Área Pública da CIG denunciou a manipulación á que o PP, desde o goberno da Xunta, está sometendo á opinión pública galega vendendo unhas políticas de defensa dos servizos públicos que “son mentira”. Manipulación coa que, afirmou, “xa non tragamos as empregadas e empregados públicos”.

A nova en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto